BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 18 de junio de 2015

ÚLTIMA SAÍDA DO CURSO

Hoxe fomos de excursión. Foi a nosa última saída do curso e para os de 2º a última saída do ciclo, xa que despois do verán comezarán unha nova etapa escolar en 3º curso, cambiando de aulas e de profesoras. 
Por iso, quixemos ir xuntos a visitar unha obra de arte natural do noso entorno: CABO UDRA, pero antes todos tiñamos unha tarefa pendente.
O alumnado de 1º foi visitar a CAPELA DOS SANTOS REIS, onde nos agardaba o profe ARTURO, quen nos fixo de guía e explicounos marabillosamente a orixe e valor artístico desta capela deseñada por URBANO LUGRÍS. Acompañábano 3 membros da asociación de amigos da Capela e tamén nos explicaron cousas interesantes. Ao rematar, debuxamos a capela nunha libretiña que nos deron as profes.
Namentres, o alumnado de 2º foi á CASA MUSEO DA MANGALLONA en Coiro, de Camilo Camaño Xestido, onde lles atenderon estupendamente.
Finalmente xuntámonos todos en Cabo Udra, pero como facía tantísima calor cambianos de plans e fomos á praia da Mourisca, onde merendamos e xogamos na area á sombra e preto da brisa mariña.
Pasamos unha mañá estupenda!
Ata pronto compañeiros, boa sorte na vosa nova etapa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...