BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 9 de noviembre de 2015

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O mércores día 4 de novembro os nenos e nenas de 2º curso prepararon unha sesión que consistiu en "experimentar cos sentidos" cun dobre obxectivo  despertar a sensibilidade sensitiva para coñecerse mellor e conmemorar o día da ciencia en galego. Foi todo un éxito! tal e  como reflicten algunhas fotos da experiencia e as  impresións dalgúns nenos e nenas. 
Sentido do tacto


Sentido do gusto

Sentido do olfacto


Sentido da vista

Sentido do oído



Opinións de algúns nenos e nenas do vivido na aula de ciencias:


Hoxe o que máis me gustou foi probar aqueles sabores” Pablo

“Na aula de ciencias estivemos traballando os cinco sentidos: Vista, oído,tacto,olfacto,gusto. Ao final tivemos que poñer a pegada do dedo.Co tacto nos vendaron os ollos e tivemos que adiviñar cousa.” Brais

“Na aula das ciencias paseino pipa sobre todo no sentido do tacto, o sentido do olfacto, e o sentido do gusto.No sentido do olfacto paseino moi ben, non so porque adiviñei case todo senón  porque me divertín, no sentido do gusto paseino ben porque me botaron diferentes sabores na lingua e sabíanme case todos ben, Ja,ja ja… “ Fabiola

“Hoxe paseino moi ben, fomos a aula de ciencias e aprendemos como era  a lingua, como eraa orella, como eran os ollos, como eran as mans e como era o nariz, paseino moi ben e selei o meu dedo” Manel

“Na sala de ciencias estivemos probando cousas do gusto, tamén do olfacto e cheiramos cousas raras. A profe Silvia tapounos os ollos cunha bufanda e tocamos cousas, tamén escribimos cousas sobre o oído e a vista” Xavi

“Hoxe fomos a aula de ciencias, primeiro fomos a aprender cousas sobre os ollos, logo fomos a cheirar cousas moi raras, despois fomos a probar duns líquidos: amargo, doce,salgado e ácido e logo fomos a tocar cousas: tocamos xeo e auga quente e me sentín feliz.” Antía

“Hoxe na aula de ciencias fixemos tocar cousas, xogamos e aprendemos os sentidos” Sofía

“Hoxe na aula de ciencias fixemos experimentos cos sentidos, primeiro tocamos mmmm…non sei pero foi moi divertido”  Ana

domingo, 8 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015

Este  curso celebramos un Samaín cósmico, a participación das familias coa decoración  de cabazas demostrou unha gran creatividade e interese pola actividade, podemos ver na exposición galaxias, asteroides, astronautas, planetas , personaxes extraterrestres, satélites, etc, un magnífico UNIVERSO. Podemos ver algunhas fotos
A nosa intención foi que desenvolverades emocións positivas  en familia cun tema que  esperta moita curiosidade entre escolares, ESPERAMOS TELO CONSEGUIDO!!

Dende as aulas participamos na elaboración duns conxuros cósmicos, saíron verdadeiramente transformadores, oxalá  se cumpran!!! Cada grupo aportou  un conxuro  que colocou nun planeta  para poder viaxar polo espazo do  mural da entrada do cole. Moi bonito e ilustrativo!!
Aquí están os conxuros dos nenos e nenas de segundo, foi un traballo colaborativo. A ver se sodes quen de lelos, seguro que vos gustan.




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...