sábado, 24 de noviembre de 2012

25 de novembro: DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Non Violencia contra as mulleres e os nenos de 1º curso fomos invitados a ir ao Concello a ler un manifesto. Preparamos unhas pancartas moi coloridas e onte fomos de manifestación polas rúas de Bueu ata chegar ao Concello. Alí, 10 representantes leron o manifesto e outro entregouno ao Alcalde quen fíxonos un agasallo para cada aula por participar no acto. Como foi un acto moi importante, hoxe saímos na prensa: mirade este enlace.
Se queredes escoitar o manifesto, premede os vídeos. Podedes tamén ver as fotos deste día.

















sábado, 17 de noviembre de 2012

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA


O martes tivemos a 1ª saída do curso. Para os peques de 1º era a súa 1ª saída na Primaria e estaban moi nerviosos...
Fomos a Pontevedra  a ver un teatro de monicreques chamado TITIRICIRCUS, da compañía TANXARINA. Consistiu nun circo de títeres onde aparecían os pallasos, o home forzudo, o faquir, o que saltaba en monociclo, etc.
Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que chegue a seguinte saída.
Ata pronto!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

MAGOSTO

Achégase o San Martiño, e con el o Magosto: a festa das castañas. Onte celebrámolo no cole con xogos populares: lanzamento de castañas, carretillas, a castaña agochada e o xogo dos ourizos. Pasámolo moi ben e para finalizar enchémonos de comer castañas asadas. Humm, que ricas estaban!

lunes, 5 de noviembre de 2012

CONCERTOS EN FAMILIA

O segredo do valOnte, domingo 4 de novembro, celebrouse en Pontevedra o Concerto en familia onde participaban os nenos de 1º curso ilustrando as esceas de PEDRO E O LOBO que interpretaba a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra xunto con Eva, a súa narradora. O concerto resultou un éxito, os membros da Orquestra alabaron os nosos debuxos e nós gozamos moito con esta colaboración, que esperamos, non sexa a última.







Se queredes ver ou ler o conto, premede aquí:

SAMAÍN TERRORÍFICO

O mércores 31 de outubro o noso colexio encheuse de bruxas, vampiros, momias... e moitos seres terroríficos!
Chegaba o SAMAÍN e, para celebralo, o alumnado trouxo cabazas incriblemente ben decoradas, moitas delas inspiradas nos personaxes dos contos clásicos. Houbo contacontos de medo, como o que quixo compartir Damián cos seus compañeiros de 1ºB "Corre, corre calabaza" ou como a historia medorenta que nos contou o pai de María Rosales aos nenos de 1º curso (Grazas Toño!!!). No Bibliocastelo puxeron unha CAIXA DOS MEDOS onde cada neno metía unha folliña onde escribía e debuxaba algo que lle dera medo. E por se isto fora pouco, na entrada do colexio medrou unha TEA DE ARAÑA xigante da que colgaban morcegos, bruxas, cabazas e pantasmas que tiñan escritas cousas que daban moito moito medo.
Ufff, que día tan terrible, menos mal que despois tivemos uns días para descansar...