BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 28 de noviembre de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dado que o mes de novembro é o mes da ciencia en galego, o alumnado de 1º quixemos facer un sinxelo experimento no que empregamos o traballo cooperativo chamado TINGUIR O LEITE.
Ademais de facer debuxos noutro soporte que non é o papel e xogar coas cores, comprobamos como a graxa do leite retén o colorante pero ao botarlle xabón quitagraxas actúa rompendo esa barreira.
Primeiro tivemos que atopar coa estrutura "lapis ao centro" os materiais que necesitabamos para o noso experimento. Despois, lemos con "lectura compartida" os pasos a seguir. A continuación, repartíronnos os materiais e fomos paso a paso realizando o noso experimento. Finalmente cubrimos a nosa ficha e debuxamos o resultado.
Foi moi sorprendente, e encantounos a mestura de cores que conseguimos!

viernes, 16 de noviembre de 2018

OBRADOIROS ECOLÓXICOS

Co gallo da feira ecoartesá que se celebra en Bueu nesta fin de semana, viñeron dúas monitora a impartir uns obradoiros ecolóxicos. Fixemos grupos e probamos a xogar un ratiño en cada un. Foi moi divertido!

martes, 6 de noviembre de 2018

MAGOSTO

Hoxe celebramos o Magosto no colexio pero como foi un día moi chuvioso non puidemos xogar aos xogos tradicionais que estaban previstos.
Nas aulas aprendemos poemas, cantigas e refráns propios destas datas e tamén degustamos as castañas que cociñaron Martín e Ramón para nós. 
Estaban boísimas!

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

Hoxe, 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín. As familias colaboraron decorando unhas cabazas coa temática dos Dereitos Humanos e, aínda que parecía complicado, tiveron unhas ideas estupendas polo que quedou unha exposición chulísima.
Nas clases preparamos uns traballos para formar parte do mural colectivo do Samaín que está á entrada do colexio co lema: "Temos dereito ao Samaín". O alumnado de 1º decoramos letras e unha cabaza coa palabra SORRIR e o de segundo coas palabra FALAR. Mirade este ENLACE.
Ademais decoramos as aulas e corredores con debuxos monstrosos, incluso fixemos uns morcegos coas nosas mans!
Quedou moi chulo!

viernes, 26 de octubre de 2018

ROTEIRO DOS DEREITOS HUMANOS

O pasado sábado 29 de setembro, moita rapazada de Bueu reunímonos na Banda do Río para conmemorar o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos participando nun concurso de debuxo. Ao día seguinte os xornais facíanse eco da NOTICIA.

Hoxe, todo o alumnado de 1º e 2º, fixemos un roteiro polos lugares emblemáticos de Bueu onde puidemos atopar moitos dos nosos debuxos. Visitamos as exposicións que estaban no noso cole, no salón de plenos do Concello, na sala Amalia Domínguez Búa, na praza de Abastos, no Centro Social e no Museo Massó. 
E como descubrimos que todos temos dereito á alimentación e ao xogo en liberdade decidimos celebralo xogando e merendando na praza Massó. Foi un día estupendo!
 

domingo, 14 de octubre de 2018

Decorando Meteoescolas

O alumnado de 1º quixemos colaborar na decoración dos novos espazos da Biblioteca participando no recuncho de Meteoescolas. O noso traballo consistiu en colorear un Papirus moi grande e tamén en colorear uns carteliños cos nomes dos meses e das estacións do ano. Aproveitamos a ocasión para aprendelas e saber máis cousas sobre o tempo.


domingo, 16 de septiembre de 2018

INICIO DUN NOVO CURSO

Empezamos un novo curso coas mochilas cargadas de ilusión e novos proxectos. Para recibir ao novo alumnado de 1º fixemos unhas teas de araña e uns autorretratos para que nos coñeazades mellor. O mércores tivemos uns obradoiros sobre Dereitos Humanos e o venres fomos ao Centro Social ao FIC de Bueu. Foi unha semana moi completa!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...