BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 22 de abril de 2019

METEOESCOLAS 2019

Durante os meses de marzo e abril, o alumnado de 1º estivemos recollendo os datos da estación meteorolóxica. Tivemos a sorte de atopar todo tipo de fenómenos meteorolóxicos: chuvia, vento, sarabia, trebóns, arco da vella... Observamos tamén a lúa e aprendemos as súas fases.
Finalmente, rexistramos todos os datos no recuncho do Bibliocastelo destinado ás Meteoescolas. Gustounos tanto observar o tempo que estamos desexosos de que a Meteocaixa volva ás nosas aulas.










jueves, 11 de abril de 2019

COÑECENDO BUEU

Hoxe o alumnado de 1º fixemos unha saída cultural por Bueu. Primeiro fomos ao Museo Massó onde realizamos unha pequena visita polas distintas salas e tamén un obradoiro moi interesante chamado "Mensaxe nunha botella" no que aprendemos o importante que é coidar os nosos océanos para salvar o planeta.
Ao saír, fomos ata a praza de abastos. Alí esperábannos os praceiros e praceiras, ensináronnos moitos peixes distintos, mariscos, carnes e ata froitas e verduras. Para rematar a visita preparáronnos unha merendola na planta superior con produtos da praza: froitas e pans variados. Comémolo todo!
Ao chegar ao cole, debuxamos a praza tal e como a vimos cada un de nós.
Agradecemos a colaboración a Marta Campos e a todas as persoas que traballan na praza de Bueu.











martes, 2 de abril de 2019

DÍA DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril, conmemoramos o DÍA DO AUTISMO primeiro lemos na clase un libro sobre un neno autista, Dani, que nos axudou a comprender a estas persoas que están entre nós. 
Despois do recreo fixemos unha representación do símbolo do infinito. Cada clase puso o seu graniño de area coa colocación dun pequeno triángulo. Despois colgamos o cartel da fachada do cole para visibilizar este trastorno, cada vez más frecuente.





LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...