Hoxe o alumnado de 1º fixemos unha saída cultural por Bueu. Primeiro fomos ao Museo Massó onde realizamos unha pequena visita polas distintas salas e tamén un obradoiro moi interesante chamado "Mensaxe nunha botella" no que aprendemos o importante que é coidar os nosos océanos para salvar o planeta.
Ao saír, fomos ata a praza de abastos. Alí esperábannos os praceiros e praceiras, ensináronnos moitos peixes distintos, mariscos, carnes e ata froitas e verduras. Para rematar a visita preparáronnos unha merendola na planta superior con produtos da praza: froitas e pans variados. Comémolo todo!
Ao chegar ao cole, debuxamos a praza tal e como a vimos cada un de nós.
Agradecemos a colaboración a Marta Campos e a todas as persoas que traballan na praza de Bueu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario