Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO por ser o aniversario do falecemento de dous escritores universais: Cervantes e Shakespeare.
Nós, no Bibliocastelo quixemos celebralo recitando todos xuntos un poema de Paula Carballeira creado para esta data. Despois escribemos o nome do libro que máis nos gustou e por que.
Outra actividade que estamos a celebrar é unha MARATÓN DE CONTOS. Durante os recreos desta semana, algúns profesores len contos no Bibliocastelo para quen quiera escoitalos. Animádevos rapaces!
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
martes, 23 de abril de 2013
lunes, 22 de abril de 2013
DESPEDIDA DE VICTORIA
Hoxe os rapaces e rapazas de 1º fomos ao colexio de Infantil para despedirnos de VICTORIA, a muller que limpaba o cole dende hai máis de vinte anos, porque hoxe era o seu último día de traballo. Fixéronlle un cartel, agasallárona cun ramo de flores precioso e démoslle un aplauso enorme. Despois do acto, as profes deixáronnos xogar no patio de Infantil un ratiño e despois voltamos a merendar.
jueves, 18 de abril de 2013
SAÍDA A CABO UDRA
Onte fomos visitar Cabo Udra. Ás 10, os autobuses deixáronnos en Chans de Sequeiros. Dividímonos en dous grupos. Anxo acompañou a 1º, Miguel a 2º e comezamos a caminata. Polo camiño faciamos paradas para recibir algunha explicación sobre as paisaxes, a flora e a fauna. O día estaba moi despexado mais algúns recodos do camiño estaban bastante mollados. Pasámolo moi ben saltando por riba dos charcos!!! Cando chegamos á Aula da Natureza xuntámonos cos compañeiros, merendamos, descansamos e visitamos a Aula. Alí fixemos unha ficha, déronnos unha explicación de enerxias renovables e despois emprendimos o camiño de volta aos autobuses. Xogamos un pouquiño e finalmente voltamos ao colexio. Foi un día moi divertido no que aprendemos un pouquiño máis da localidade onde vivimos. Grazas a Miguel e Anxo por explicarnos todo tan ben!
martes, 16 de abril de 2013
SORPRESAS
Hoxe foi un día especial na clase de 1º B. Ao chegar, HELENA tíñanos preparada outra sorpresa: BOMBÓNS DE CHOCOLATE. Estaban feitos por ela e mais a súa nai e moi ben presentadiños nunha caixa preciosa que despois regalou á aula. Como eran moitos bombons, compartímolos cos compañeiros de 1º A. Pero o mellor de todo é que estaban... Mmmmm! Boísimos!!!
Máis tarde limos unha lectura na que nos daban instruccións para facer uns XARDÍNS DE TULIPÁNS con cartulinas e mirade que bonitos quedaron!
lunes, 8 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O alumnado de 1º aprendeu un anaco da poesía creada para esta data, copiouna nun libro e decorárona no Bibliocastelo.
LEMOS XUNTOS TI E EU
VEMOS QUE AS LETRAS FORMAN PALABRAS
E AS PALABRAS CONVÉRTENSE EN LIBROS
QUE ESTREITAMOS NAS NOSAS MANS.
Este é o resultado:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
BIBLIOCASTELO,
DÍA DO LIBRO
martes, 2 de abril de 2013
CONTO VIAXEIRO
Outra actividade que realizamos dentro do proxecto "CANTOS CONTOS CONTAS" é un CONTO VIAXEIRO, que consiste nun traballo cooperativo creado por todo o alumnado do centro. O noso traballo consistiu en continuar a historia inventada polo alumnado de Infantil e deixar o conto sen rematar para que os nosos compañeiros do 2º ciclo sigan contándonos outras fantásticas aventuras.
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
BIBLIOCASTELO,
BUEU,
CANTOS CONTOS CONTAS,
CONTOS CREADOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)