E chegou o Samaín! Estes días traballamos nas aulas escribindo un pesadelo terrorífico. Despois eliximos o que máis medo nos deu e escribímolo e decorámolo nun globo de cómic que saía do CASTELO DOS PESADELOS. Ademais participamos na xa tradicional EXPOSICIÓN DE CABAZAS inspirándonos nos cómics. Había verdadeiras obras de arte!!!
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
jueves, 31 de octubre de 2013
domingo, 27 de octubre de 2013
ANIVERSARIO DE PAPIRUS!
O 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES polo que celebramos o aniversario da mascota da Biblioteca: PAPIRUS. Este ano fixémolo dun xeito especial: Papirus enviounos unha carta moooi longa onde nos contaba todas as cousas que fixera no verán cos seus amigos e despois puidemos ver o resultado.
Vimos un vídeo no que se conta a historia de Papirus ilustrada e contada polo alumnado de 6º,
botamos unha ollada ao cómic que lle escribiu Trassiwolf,
admiramos o mural que lle pintou o seu amigo David,
e cantamos a canción que Víctor Castro compuxo para el e que poderedes escoitar próximamente.
Para rematar, as dúas aulas entregámoslle unha felicitación de aniversario escrita e decorada por nós nas clases e cantámoslle: PARABÉNS PARA TI...

miércoles, 2 de octubre de 2013
CHARLA DE BALONMÁN
Hoxe recibimos a visita do Club Atlético Balonmán de Bueu. Déronnos unha charla informativa sobre ese deporte e amosáronnos vídeos ilustrativos. Ao final animáronnos a practicar deporte, sexa cal sexa. Grazas pola vosa visita!
Etiquetas:
ACTIVIDADES DEPORTIVAS,
BUEU,
VISITAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)