Durante este trimestre nas nosas incursións ao Bibliocastelo atopamos moitos libros marcados polas etiquetas do Liberespazo. Cubrimos o noso pase antes de Nadal os seguintes nenos:
2°A: Iago, María, Martiño, Nerea, Laura Brocos, Iria, Lucía, Brais e Aroa.
2° B: Andrés, Eva, Ansur, David Crujeiras, Lois, Zulema, Sara, Isaac, Lidia e Xiana Gallego.
Xa sodes lectores Vip, noraboa a todos e seguide lendo moito!!!
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
viernes, 20 de diciembre de 2013
jueves, 19 de diciembre de 2013
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Cunha acollida fantástica, nesta edición do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013, as familias do noso ciclo superaron con creces as nosas expectativas. Grazas por poñer tanta ilusión e agarimo e pasar un rato precioso cos vosos fillos. Sodes uns artistas!
Se non o credes... mirade estas presentacións das postais de 2º curso.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
domingo, 15 de diciembre de 2013
XA SE ACHEGA O NADAL...
Si, xa se achega o Nadal e como non podemos deixar pasar estas datas de calquera xeito, xa estamos preparando moitas actividades para realizar ao longo desta semana que rematarán o venres 20 cos xa tradicionais OBRADOIROS DE NADAL.
Xa vos iremos contando pouco a pouco todo o que imos facer... De momento, conformádevos con estes traballos plásticos que serán a portada da carpeta dos traballos trimestrais que levaremos a casa esta semana.
jueves, 12 de diciembre de 2013
OS CAZACONFLITOS
Durante esta semana un grupo de rapaces de 5° veu visitarnos polas aulas para explicarnos que forman parte do EQUIPO DE MEDIACIÓN do cole e que podemos acudir a eles sempre que teñamos un conflito difícil de resolver, cubrindo o impreso que hai na porta da aula de mediación.
domingo, 1 de diciembre de 2013
TAMBO E PAPIRUS
Hoxe foi a estrea do libro-disco TAMBO de Víctor Castro e Laura García, no CULTURGAL de Pontevedra. No acto os autores contaron a historia de Tambo, despois houbo un pequeno concerto no que cantaron a canción da mascota da nosa Biblioteca PAPIRUS, todo acompañado de karaokes e coreografías. Gustounos moito e un paxariño díxonos que pronto van estar en Bueu!!!
Mirade estes vídeos, premendo neles.
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
BIBLIOCASTELO,
MÚSICA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)