Disfrazados e con ganas de pasar un venres terrorífico, os rapaces e rapazas de 1º e 2º fixeron gala da súa imaxinación: cabazas espeluznantes, disfraces aterradores, decoración de corredores e aulas sorprendentemente desagradables... Unha auténtica barbaridade! Ademais, colaboraron na realización dun mural na entrada do centro con personaxes de medo. Velaquí o resultado!!!
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
viernes, 28 de octubre de 2016
miércoles, 26 de octubre de 2016
UN ANIVERSARIO HOLLYWOODENSE!
O 24 de outubro celebramos o aniversario da mascota Papirus pero... non puido estar... Recibimos un par de días antes unha carta del convidándonos á festa. Xa alí, vimos un vídeo onde nos explicaba que estaba en Hollywood e que chegaría dentro dunha semana. A profe Lina foi a encargada de darnos a sorpresa de Papirus: a historia do cine con alumnado facendo de actores e actrices e... chuches!!!!!


Etiquetas:
ANIVERSARIO DE PAPIRUS
domingo, 9 de octubre de 2016
QUE VIVA A MÚSICA TRADICIONAL!
O 4 de outubro recibimos no cole a asociación de música tradicional Retrouso coa que nos divertimos todos moito. Ensináronnos diferentes tipos de instrumentos como a gaita e as súas partes, a pandeireta e as coñecidas botellas de anis e cunchas de vieiras. Grazas a moitos obxectos cotiáns, podemos facer música. Que se cos ocorre? Bueno, pensade un pouquiño e xa nos contaredes no cole. Mentres tanto, escoitade a arte destas rapazas con músicos voluntarios de 1º, 2º e 3º. Un gustazo!!!
UN COMEZO DE PELÍCULA!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)