Dentro do proxecto sobre valores que se está a desenvolver no colexio durante este curso, o día 18 de xaneiro tivemos unha charla para as familias co psicólogo José Mª García Janeiro. O tema a tratar foi "A familia como educadora". Agradecémoslle a asistencia aos pais e nais que se achegaron ata o cole para tratar un tema tan importante como é a colaboración entre a comunidade educativa e esperamos lles fose de interese. Ata a próxima!
Como asistente as charlas gustaríame opinar que:os temas eran de interese pero non se lles sacou suficiente proveito. Na miña opinión, o señor García dedicou moito tempo á crítica do medelo actual de educación, e pouco a dar pautas ou consellos para mellorala. Unha das súas críticas foi a falta de asistencia a este tipo de charlas a medida que os nenos se fan maiores,e podería plantexarse se esa diminución se pode deber ó contido das mesmas. Ainda así aplaudo a iniciativa do cole, un saúdo.
ResponderEliminar