O mércores 1 de xuño o primeiro ciclo ao completo foi de saída de fin de curso a VIGO. Foi unha excursión moi completa xa que 1º fomos a ver un teatro en inglés no cine Salesianos chamado "NUMBERS, COLOURS & SONGS". Foi moi divertido xa que combinaban teatro con cancións e os decorados eran moi chamativos. Ademais entendimos moi ben os diálogos.
Ao saír de alí separámonos, e os de 1º foron ao MARCO e os de 2º ao VERBUM. Xuntámonos para comer en Samil e pola tarde fixemos do revés: os de 1º foron ao VERBUM e os de 2º ao MARCO.
As dúas actividades estiveron moi ben: no MARCO visitamos 3 instalacións de MARTIN CREED que imos lembrar sempre xa que unha delas era unha "piscina" de globos que colaboramos en encher e na que despois mergullámonos.
No VERBUM fixemos un percorrido guiado polo museo, respondendo distintas cuestións relacionadas coa lingua e cos medios de comunicación. Despois fixemos un obradoiro onde aprendimos sistemas de comunicación relacionada cos sentidos, como o sistema BRAILLE e traballamos nunha ficha moi interesante.
Na comida compartimos un rato moi agradable todos xuntos e despois fixemos xogos ao aire libre como o "pañuelo", saltamos á corda... Cando remataron as actividades da tarde voltamos para Bueu...
FOI UN DÍA PARA LEMBRAR!!!
This free photo slideshow made with Smilebox |
No hay comentarios:
Publicar un comentario