BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 9 de febrero de 2012

CANTIGA DE ENTROIDO

Para amenizar o pasarrúas de Entroido, os nenos e nenas de 1º ciclo cantaremos unha cantiga. A canción elixida é o Pirimpimpin. Aquí podedes ir escoitando a canción para que aprendades a súa melodía. E aquí tendes a letra... ide ensaiando!





CANTIGA ENTROIDO 1º CICLO

CRISIS NON, ESCOLA SÍ,
CON ESFORZO E CON TRABALLO
POREMOS Á "CRISIS" FIN.

Todo o 1º Ciclo
cantaremos unha lenda
a lenda do rei Arturo
que coa axuda de Merlín
fíxose rei de Inglaterra.

CRISIS NON, ESCOLA SÍ,
CON ESFORZO E CON TRABALLO
POREMOS Á "CRISIS" FIN.

O seu mestre foi Merlín
axudoulle a aprender
deulle moita protección,
moitas ciencias lle ensinou,
sabedoría e querer.

CRISIS NON, ESCOLA SÍ,
CON ESFORZO E CON TRABALLO
POREMOS Á "CRISIS" FIN.

Na Idade Media loitaban
por gañar o seu reinado,
en Bueu nós loitamos
por ter boa calidade
nun ensino axeitado.

CRISIS NON, ESCOLA SÍ,
CON ESFORZO E CON TRABALLO



POREMOS Á "CRISIS" FIN

1 comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...