BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 9 de junio de 2013

VISITA DE VIOLETA MONREAL

E por fin chegou... Fíxose esperar mais pagou a pena... O xoves despois do recreo fomos ao Bibliocastelo e... a que non sabedes quen estaba alí con Papirus? Pois si, non era outra que VIOLETA MONREAL!
É unha muller fantástica que nos deixou a todos abraiados. Tiña unha forma de falar e traballar que transmitía tranquilidade, polo que estivemos todos moi moi atentos ao que facía.
Mentres falaba ía dando forma a moitos papeis de cores e de regalo que levaba na súa maleta e pouco a pouco foi construíndo unha MENINA preciosa, que quedará para sempre no noso Bibliocastelo.






Con ela aprendemos cousas tan importantes como que os traballos hai que revisalos e corrixilos antes de que outro nolo corrixa. Tamén dixo que o traballo que facemos é para nós e non para agradar aos demais. Preguntámoslle moitas cousas e díxonos que era feliz, que lle encantaba o seu traballo e que non lle ensinou ninguén senón que aproveitou a súa afección por gardar cousas e o seu gusto por debuxar para descubrir a súa paixón: a ILUSTRACIÓN.



Pedímoslle que nos asinara os nosos libros e tamén os que creamos para ela. Ademais agasallounos cun "recordo para sempre".



Cando volvemos ás clases tratamos de imitala debuxando ou facendo a menina con papeis de cores. Fixémolo realmente ben!




GRAZAS E ATA SEMPRE VIOLETA, NON TE ESQUECEREMOS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...