BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 2 de mayo de 2016

QUEREMOS Á NOSA PRAZA!

O venres 15 de abril saímos do cole para visitar a nosa praza, a PRAZA DE ABASTOS DE BUEU, para participar no programa QUERE O TEU MERCADO
Como chovía un chisquiño, fomos con paraugas, impermeables e botas de auga...
Na praza estábanos agardando Alicia, quen nos amosou posto por posto moitos peixes, mariscos, cefalópodos, moluscos... ensinounos a diferenciar o peixe branco do azul fixándonos na cola, abriu a boca dun peixe sapo que nos impresionou... 
Visitamos tamén os postos de bacallau, panaderías... nas froiterías coñecimos a laranxa borracha, máis escura por dentro que as normais. 
Nas carnicerías, comparamos a cabeza dunha vaca coa dun cordeiro e ensináronnos vísceras coma o corazón e o fígado.
En conxunto resultou unha visita moi interesante e productiva, pero o mellor foi a sorpresa que nos agardaba no primeiro andar, unha merendola con froitas, diferentes pans e bicas. Mmmmm! Acabamos con todo!!!
Ao volver ao colexio, fixemos un debuxo do noso mercado para participar no CERTAME DE DEBUXO "QUERE O TEU MERCADO" organizado pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia. Non podemos deixar de agradecer a Alicia e a todos os praceiros o amabeis que foron connosco e mesmo ás persoas de Bueu que estaban comprando naquel momento.
Moi cedo poderedes ver os nosos debuxos expostos na nosa praza, a mellor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...