BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 14 de enero de 2018

OBRADOIROS DE NADAL

O último día antes das vacacións foi un día especial pois no canto de dar clase tivemos uns OBRADOIROS DE NADAL. Houbo 4 distintos e tiñamos que ir rotando polas aulas do noso corredor para participar en todos eles.
Na aula de inglés tivemos un OBRADOIRO PLURILINGÜE no que a profe Marina organizou un concurso por equipos no que tiñamos que responder a preguntas sobre Christmas. Incluso deunos tempo a facer un Christmas Card!
Na aula de 2º A había un grupo de pais e nais colaboradores e cos que elaboramos unha paisaxe invernal de plastilina para decorar a entrada do colexio. Chamouse OBRADOIRO CREATIVO.
 Na aula de 2º B esperábanos o OBRADOIRO PLÁSTICO, organizado pola profe Geli. Nel fixemos moitas verduras usando a técnica do collage e que despois pegaremos no mural da escaleira, baixo o título A CASIÑA DE VERDURIÑA. 
Na aula de 1º A tivemos un OBRADOIRO DE COCIÑA, pois estaba a profe Goretti que organizou un obradoiro de Masterchef onde por equipos cooperativos fomos creando ricas receitas que logo degustamos na merenda posterior.
Ao rematar os obradoiros, saímos ao patio a xogar un chisquiño e axiña nos chamaron porque estaban esperándonos os Reis Magos de Oriente!!! Cantámoslles unhas panxoliñas e incluso algúns compañeiros nosos tocaron a guitarra estupendamente.


Para rematar o día, compartimos unha merenda especial de Nadal.
Se queredes ver as fotos, premede neste ENLACE. Hai 5 páxinas con fotos dese día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...