Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no ximnasio un acto para conmemorar a morte de Gandhi. Nesta data se recorda a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o
respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Participamos no mural colaborativo de todo o colexio baixo o lema: O DEREITO Á PAZ ESTÁ NAS TÚAS MANS, e por iso en cada clase decoramos unha man escribindo dentro de que maneira construimos nós a Paz. Despois cantamos e bailamos xuntos as cancións elixidas nesta ocasión:
Galego: Quérote máis (Sonoro Maxín)
Inglés: I see you in me (Gbenga Adenuga)
Francés: Je suis comme toi (Antsa & Mendrika)
No hay comentarios:
Publicar un comentario