BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

sábado, 13 de junio de 2015

SAÍDA DE FIN DE CURSO: VIGO-SOUTOMAIOR

O martes 2 de xuño, o alumnado de 1º e 2º fomos de excursión. 
Pola mañá visitamos NATURNOVA, en Vigo. Alí fixemos unha visita interactiva por todas as salas onde aprendemos moitas cousas sobre as ciencias e despois fixemos un obradoiro artístico no que observamos detidamente distintas obras de arte de autores galegos (había unha de Lugrís!) e buscamos sentido a unha obra que coloreamos cada un imaxinando o que podía ser (un peixe, unha cebra, un porco, un grilo...) 
Ao saír do museo fomos no bus ata o peirao de Arcade, onde hai unha carballeira cun merendeiro, onde tomamos o xantar, xogamos e descansamos un pouquiño. Despois de comer, deixáronnos xogar nun parque chulísimo e volvemos montar no bus para subir ao CASTELO DE SOUTOMAIOR
Alí, atopámonos unha sorpresa: había un equipo de cine grabando escenas para unha película! Tivemos a ocasión de ver desde as galerías do castelo un anaco da grabación dunha loita de gladiadores romanos, foi espectacular!!! e logo visitamos o castelo, observando as salas, os recunchos, o mirador e... o calabozo! 
Máis tarde, paseamos polos xardíns do castelo e vimos moitas árbores diferentes, ata había unha sequoia! Bebimos auga nunha fonte e partimos cara a Bueu cun pouquiño de retraso... 
Xa queda pouco para a seguinte saída!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...