BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

sábado, 24 de abril de 2010

CONTOS CREADOS E CONTADOS

Durante todo este mes de abril, os nenos e nenas do 1º ciclo elaboraron o seu propio conto sobre o mar, de entre todos elexíronse dous contos: GASPAR O VIAXEIRO en 2º B e MATILDA en 2º A. Na clase e de xeito cooperativo reelaboráronse os contos, dando como resultado un traballo moi interesante de participación, creación, ilustración e de expresión oral e escrita. Cada clase, co seu conto protagonista vai participar no concurso convocado por Bueuinforma o día 30 de abril.

Se queredes escoitar o conto de Matilda narrado polos nenos de 2º A, premade no video.





Se queredes ver o conto de Gaspar o viaxeiro ilustrado polos nenos de 2º B, premade aquí.



GASPAR O VIAXEIRO




DIA DO LIBRO 23 DE ABRIL VISITA DE DANIEL NESQUENS


O venres 23 de abril os nenos e nenas do 1º ciclo do ceip A Pedra recibimos a visita de Daniel Nesquens na nosa biblioteca. Daniel é o autor dos libros que lemos: El ciempiés (1º) e Días de clase (2º)
Daniel contounos unha historia preciosa dunha nube que lle conseguía todo o que lle pedía, xa fora un café ou unha noiva... Despois respondeu a todas as nosas preguntas con moita paciencia e humor. Finalmente, os nenos e nenas de 2º ensinámoslle o traballo que fixemos de "Días de clase" e asinóunolo. Gustoulle moito e a nós gustounos a súa visita.
Se queredes vela, premade aquí:



martes, 13 de abril de 2010

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril, celebrouse o día Internacional do libro infantil e xuvenil. Para conmemoralo, esa semana lemos contos de Hans Christian Andersen na hora de ler, e para familiarizar aos nenos con este escritor, puxémoslle unha presentación e eles ilustraron os seus contos. O luns 12 de abril lemos o manifesto de Eliacer Cansino e cantamos a cantiga: Un barquiño pequeneiro.

viernes, 9 de abril de 2010

Miguel Hernández

No vindeiro outubro, vaise celebrar o centenario do nacemento de Miguel Hernández, polo que no día mundial da poesía no noso centro lemos na área de lingua castellana os seus poemas, gustoulles moito o de Cabritilla.












Os nenos e nenas de segundo de primaria leron, aprenderon, recitaron e ilustraron o poema da Cabritilla.














Rosalía de Castro
Para poñer en contacto aos nosos nen@s coa poesía galega traballamos a Rosalía de Castro, con esta presentación coñecemos algo da súa vida e obra.



Rosalia






















jueves, 8 de abril de 2010

DÍA MUNDIAL DA POESÍA



O día 21 de marzo, celebrouse o "Día mundial da poesía". Os nenos de 2º quixemos celebralo dende o noso ciclo con diferentes actividades, buscando poesías, recitando outras, aprendendo algunhas e, sobre todo, traballando "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro.
Na clase vimos unha proxeción sobre a súa vida, escoitamos a canción de Amancio Prada e aprendemos e recitamos a poesía. Para rematar fixemos caricaturas de Rosalía na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...


Rosalía de Castro

TINTEIRO DE PAPIRUS

Este é o xornal do colexio no que tamén participaron os nenos e as nenas do primeiro ciclo, a ver se atopades todas as nosas aventuras!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...