BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 28 de junio de 2011

FESTA DA AUGA

E por fin chegou o último día!!! Os nenos e nenas estaban nerviosos, ledos... agardaban con impaciencia a FESTA DA AUGA! Como gozaron, que ben o pasaron! A sorpresa chegou co canón de escuma e cunha torta un tanto especial. Mirade as fotos e envexádenos!
Unha aperta forte aos nenos e nenas de que abandonan o noso ciclo e... ata o próximo curso!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a digital slideshow

jueves, 16 de junio de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

E por fin chegou o día: hoxe os nenos de 4ºA foron contarlle un conto aos nenos de 1ºA. Cada un contoulle o conto que elixira con moito agarimo para un dos peques do cole. Despois, os nenos e nenas de 1ºA, leron todos xuntos o "CONTÍN CONTÓN" e amosaron aos nenos de 4ºA o traballo que fixeran dese libro. Quedou precioso e aos maiores gustoulle moito o noso traballo!



miércoles, 15 de junio de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe, os nenos de 1ºB recibimos a tan esperada visita dos nenos de 4ºB para contarnos un conto a cada un de nós. Gustounos moito ver como os maiores nos contaban un conto con toda a súa ilusión. Ademáis, fixéronnos un agasallo a cada un: un debuxo do libro que nos contaron. Para finalizar, o noso contacontos Hugo Rodríguez aventurouse a contar a todos "CONTÍN CONTÓN". Fíxoo moi ben e pasamos un rato moi agradable.


Grazas e... ata outra!



lunes, 6 de junio de 2011

SAÍDA FIN DE CURSO

O mércores 1 de xuño o primeiro ciclo ao completo foi de saída de fin de curso a VIGO. Foi unha excursión moi completa xa que 1º fomos a ver un teatro en inglés no cine Salesianos chamado "NUMBERS, COLOURS & SONGS". Foi moi divertido xa que combinaban teatro con cancións e os decorados eran moi chamativos. Ademais entendimos moi ben os diálogos.


Ao saír de alí separámonos, e os de 1º foron ao MARCO e os de 2º ao VERBUM. Xuntámonos para comer en Samil e pola tarde fixemos do revés: os de 1º foron ao VERBUM e os de 2º ao MARCO.


As dúas actividades estiveron moi ben: no MARCO visitamos 3 instalacións de MARTIN CREED que imos lembrar sempre xa que unha delas era unha "piscina" de globos que colaboramos en encher e na que despois mergullámonos.


No VERBUM fixemos un percorrido guiado polo museo, respondendo distintas cuestións relacionadas coa lingua e cos medios de comunicación. Despois fixemos un obradoiro onde aprendimos sistemas de comunicación relacionada cos sentidos, como o sistema BRAILLE e traballamos nunha ficha moi interesante.


Na comida compartimos un rato moi agradable todos xuntos e despois fixemos xogos ao aire libre como o "pañuelo", saltamos á corda... Cando remataron as actividades da tarde voltamos para Bueu...


FOI UN DÍA PARA LEMBRAR!!!


Click to play this Smilebox slideshow








Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow made with Smilebox

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...