BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

Hoxe, 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín. As familias colaboraron decorando unhas cabazas coa temática dos Dereitos Humanos e, aínda que parecía complicado, tiveron unhas ideas estupendas polo que quedou unha exposición chulísima.
Nas clases preparamos uns traballos para formar parte do mural colectivo do Samaín que está á entrada do colexio co lema: "Temos dereito ao Samaín". O alumnado de 1º decoramos letras e unha cabaza coa palabra SORRIR e o de segundo coas palabra FALAR. Mirade este ENLACE.
Ademais decoramos as aulas e corredores con debuxos monstrosos, incluso fixemos uns morcegos coas nosas mans!
Quedou moi chulo!

jueves, 2 de noviembre de 2017

O Samaín

O 31 de outubro celebramos O Samaín, que como di a canción de Mamá Cabra noutros sitios lle chaman Halloween. Os nenos viñeron terrorificamente vestidos ao cole e así de guapos posaron diante da exposición de cabazas. Unhas cabazas que quedaron "chulísimas" e unhas máis apetitosas que outras. Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Podedes ver moita máis información e imaxes no blog do Bibliocastelo e Enredemos, onde hai un vídeo precioso. Non volo perdades!!!






viernes, 28 de octubre de 2016

MENUDO SAMAÍN!!

   Disfrazados e con ganas de pasar un venres terrorífico, os rapaces e rapazas de 1º e 2º fixeron gala da súa imaxinación: cabazas espeluznantes, disfraces aterradores, decoración de corredores e aulas sorprendentemente desagradables... Unha auténtica barbaridade! Ademais, colaboraron na realización dun mural na entrada do centro con personaxes de medo. Velaquí o resultado!!!



















domingo, 8 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015

Este  curso celebramos un Samaín cósmico, a participación das familias coa decoración  de cabazas demostrou unha gran creatividade e interese pola actividade, podemos ver na exposición galaxias, asteroides, astronautas, planetas , personaxes extraterrestres, satélites, etc, un magnífico UNIVERSO. Podemos ver algunhas fotos
A nosa intención foi que desenvolverades emocións positivas  en familia cun tema que  esperta moita curiosidade entre escolares, ESPERAMOS TELO CONSEGUIDO!!

Dende as aulas participamos na elaboración duns conxuros cósmicos, saíron verdadeiramente transformadores, oxalá  se cumpran!!! Cada grupo aportou  un conxuro  que colocou nun planeta  para poder viaxar polo espazo do  mural da entrada do cole. Moi bonito e ilustrativo!!
Aquí están os conxuros dos nenos e nenas de segundo, foi un traballo colaborativo. A ver se sodes quen de lelos, seguro que vos gustan.




jueves, 30 de octubre de 2014

SAMAÍN

Durante esta semana celebramos o Samaín no cole. Ao longo da semana participamos na exposición de cabazas decoradas con arte onde realmente había verdadeiras obras de arte!
Ademais decoramos un mural precioso coa lúa chea de fondo e morcegos que levaban colgados uns versos de medo que inventou cada clase.
O xoves, para finalizar a semana algúns de nós viñemos disfrazados de bruxas, vampiros,  monstros... que medo!








jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAÍN

E chegou o Samaín! Estes días traballamos nas aulas escribindo un pesadelo terrorífico. Despois eliximos o que máis medo nos deu e escribímolo e decorámolo nun globo de cómic que saía do CASTELO DOS PESADELOS. Ademais participamos na xa tradicional EXPOSICIÓN DE CABAZAS inspirándonos nos cómics. Había verdadeiras obras de arte!!!







LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...