Pasámolo moi ben e xa estamos a pensar na do vindeiro ano.
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
miércoles, 30 de mayo de 2018
Excursión fin de curso
Pasámolo moi ben e xa estamos a pensar na do vindeiro ano.
Etiquetas:
EXCURSIÓN,
FIN DE CURSO
viernes, 25 de mayo de 2018
UN LUGAR CHAMADO MUNDO
Hoxe, o alumnado de 1º e 2º xunto aos compañeiros de Infantil fomos ao Centro Social para ver un teatro en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística por mor das Letras Galegas. Chamábase UN LUGAR CHAMADO MUNDO. E, aínda que tivemos moi mala sorte xa que o son non funcionaba moi ben, pasámolo xenial e cantamos as cancións da regueifeira Mariña e o piloto Nikolai. Grazas a VERVEDERAS TEATRO por achegarse ata Bueu a contarnos historias de Mª Victoria Moreno. Ata a próxima!
Etiquetas:
BUEU,
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,
TEATRO
jueves, 24 de mayo de 2018
Receitas cooperativas
Xa estamos rematando o curso e o alumnado de 2º sabemos moitas cousas sobre os alimentos, pero faltábanos aprender a cociñar con eles. Para iso empezamos polo primeiro paso: escribir unha receita. E fixémolo na biblioteca. Eliximos unha receita duns libros moi apetitosos e a redactamos de forma cooperativa, coa estrutura do folio xiratorio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
Etiquetas:
ALIMENTOS,
BIBLIOCASTELO,
UNHA ENCHENTE DE LIBROS
miércoles, 16 de mayo de 2018
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Como mañá día das Letras Galegas é festivo, hoxe fixemos no cole un acto en honor á lingua galega e á autora homenaxeada este ano: Mª Victoria Moreno.
O alumnado de 1º e 2º participamos no mural SOPA DAS LETRAS GALEGAS cunha estrofa do libro "Eu conto, ti cantas" e despois recitámola no acto conxunto cos compañeiros de primaria no que rematamos cantando "Galicia", de Manuel María e o "Himno galego" ante a alfombra que fixeron os maiores do cole.
Etiquetas:
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,
LETRAS GALEGAS
domingo, 6 de mayo de 2018
CORRELINGUA 2018
O venres 4 celebramos en Bueu o CORRELINGUA do Morrazo. Nesta nova edición tocounos ser os anfitrións polo que nos puxemos moi elegantes coas nosas camisetas brancas decoradas con alimentos ou con utensilios de cociña, as nosas gorras, e unhas chapas e mochilas coas que nos agasallaron e que levan o lema: A LINGUA NON PARA.
Despois de xuntarnos coa rapazada dos outros coles do Morrazo, fixemos unha marcha arredor de Bueu e despois gozamos do concerto de Paco Nogueiras coa súa Radio Bulebule na praza Massó. Cantamos e bailamos un montón, iso sí, en galego!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)