BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

sábado, 29 de mayo de 2010

PREMIOS BUEUINFORMA

O venres 28 de maio, entregáronse no salón de actos da Confraría de Pescadores de San Martiño de Bueu os premios do II concurso de literatura mariñeira. O CEIP A Pedra obtivo diferentes premios, tanto a nivel individual como colectivo, podémolo consultar no seguinte enlace.
http://www.bueuinforma.org/


martes, 25 de mayo de 2010

SORTES INFANTIS

Este traballo xorde froito da colaboración e da sabedoría popular do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Sabedes o que son as sortes? Son unha frase ou retahíla previa ao xogo que serven para formar os equipos ou para ver quen empeza o xogo ou quen apanda nel. De todas elas as mestras de Educación Física seleccionamos as que máis nos chamaron a atención e aí van algunhas delas.

CONVERSAS EN GALEGO



Dentro do proxecto "Galegos e galegas de aquí e acolá", os nenos e nenas de 2º tivemos a oportunidade de falar cuns nenos de Cabo Verde que viven en Burela (Lugo) e cos padriños de Sara de 2º B que viven en Castellón. As conversas fixéronse por videoconferencia na aula de informática e falamos de cousas tan interesantes como os deportes, as linguas, as praias, as paisaxes... Foi moi emocionante e agradecémoslles moito a súa amabilidade.


TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS

Co motivo do Día das Letras Galegas, a compañía Tanxarina Títeres fixo dúas representacións os días 7 e 12 de maio no Centro Social do Mar de Bueu. O primeiro día fixeron "Contaloucos" e o segundo "Titiricircus". Foron uns espectáculos moi divertidos.

1º CORRELINGUA DO MORRAZO


O venres 21 de maio celebrouse a 1ª edición de Correlingua no Morrazo. Asistimos todos os nenos do noso colexio e tamén doutros colexios de Bueu, de Marín, de Cangas... Nós levabamos unha camiseta co nome do cole e carteis co lema "O galego, a forza do noso amor" de Uxío Novoneyra. Fixemos unha marcha por Bueu, merendamos na praza do Concello e despois comezou o concerto de Mamá Cabra. Cantamos e bailamos moito, pero tivemos que meternos na sombra xa que ía moita calor. Foi un día estupendo!

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO


O día 21 de maio veu a visitarnos Abraham Carreiro, ilustrador de contos para nenos como "A pel do crocodilo" ou "O cazador de Cambodia". Ensinounos como facía os seus debuxos de animais e tamén a poñer diferentes expresións a unha cara. Despois, asinou algúns dos nosos debuxos e libros. Pasámolo moi ben!

sábado, 1 de mayo de 2010

SUSO CUBEIRO



O vindeiro día 5 de maio o ilustrador Suso Cubeiro visitará o bibliocastelo, os nenos e nenas de 2º de primaria, para preparar a súa visita, cantaron as adiviñas que el debuxou e pintou no libro "XOGANDO AS ADIVIÑAS" podédelo comprobar premando no video.
Tamén nós quixemos participar inventando adiviñas que despois ilustramos. Como nos quedaron tan bonitas, poñémolas aquí para que as vexades. Suso Cubeiro fixo un debuxo para nós e adicouno. Gustáronlle moito os nosos traballos. Premade aquí para velos.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...