Co gallo da feira ecoartesá que se celebra en Bueu nesta fin de semana, viñeron dúas monitora a impartir uns obradoiros ecolóxicos. Fixemos grupos e probamos a xogar un ratiño en cada un. Foi moi divertido!
O pasado sábado 29 de setembro, moita rapazada de Bueu reunímonos na Banda do Río para conmemorar o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos participando nun concurso de debuxo. Ao día seguinte os xornais facíanse eco da NOTICIA.
Hoxe, todo o alumnado de 1º e 2º, fixemos un roteiro polos lugares emblemáticos de Bueu onde puidemos atopar moitos dos nosos debuxos. Visitamos as exposicións que estaban no noso cole, no salón de plenos do Concello, na sala Amalia Domínguez Búa, na praza de Abastos, no Centro Social e no Museo Massó.
E como descubrimos que todos temos dereito á alimentación e ao xogo en liberdade decidimos celebralo xogando e merendando na praza Massó. Foi un día estupendo!
Empezamos un novo curso coas mochilas cargadas de ilusión e novos proxectos. Para recibir ao novo alumnado de 1º fixemos unhas teas de araña e uns autorretratos para que nos coñeazades mellor. O mércores tivemos uns obradoiros sobre Dereitos Humanos e o venres fomos ao Centro Social ao FIC de Bueu. Foi unha semana moi completa!
O último día de cole, tivemos unha visita moi especial. Veu o noso alcalde Félix Juncal, acompañado de Tere López, a concelleira de educación e Tensi, a responsable de comunicación e prensa do Concello de Bueu. Explicáronnos cal é o seu traballo e as súas funcións e despois fixéronnos entrega da investigación que fixemos cada un de nós sobre a nosa vila, todos eles asinados por Félix! Fíxonos moitísima ilusión recibir unhas persoas tan importantes. Enlace á páxina do Concello.
Despois da visita tivemos unha exhibición de taekwondo na que participaron compañeiros nosos como María P, Aroa, María O, Martín S, Carmen, Kike, Nicolás...
Finalmente, realizouse a entrega de premios do concurso "Que sabes de... Mª Victoria Moreno?" no que resultaron premiados: Raúl e Daniel de 1ºA, Aylem e Dylan de 1ºB, Pablo Estévez e Martín Sánchez de 2ºA, Iván Ríos e Pablo Santaclara de 2ºB. Levaron un agasallo precioso, noraboa!
Para rematar celebramos unha merendola no patio onde compartimos os produtos cos compañeiros e despedimos ao alumnado de 2º aos que lles desexamos un feliz verán!
Hoxe, antes de ir ensaiar ao Centro Social, fomos tomar chocolate con churros a Delicious.
Alí atendéronnos estupendamente e pasamos un rato moi agradable. Tivemos que poñernos á sombra porque ía moita calor pero o chocolate estaba... delicioso!!!
Hoxe, o alumnado de 1º e 2º xunto aos compañeiros de Infantil fomos ao Centro Social para ver un teatro en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística por mor das Letras Galegas. Chamábase UN LUGAR CHAMADO MUNDO. E, aínda que tivemos moi mala sorte xa que o son non funcionaba moi ben, pasámolo xenial e cantamos as cancións da regueifeira Mariña e o piloto Nikolai. Grazas a VERVEDERAS TEATRO por achegarse ata Bueu a contarnos historias de Mª Victoria Moreno. Ata a próxima!
O venres 4 celebramos en Bueu o CORRELINGUAdo Morrazo. Nesta nova edición tocounos ser os anfitrións polo que nos puxemos moi elegantes coas nosas camisetas brancas decoradas con alimentos ou con utensilios de cociña, as nosas gorras, e unhas chapas e mochilas coas que nos agasallaron e que levan o lema: A LINGUA NON PARA.
Despois de xuntarnos coa rapazada dos outros coles do Morrazo, fixemos unha marcha arredor de Bueu e despois gozamos do concerto de Paco Nogueiras coa súa Radio Bulebule na praza Massó. Cantamos e bailamos un montón, iso sí, en galego!
Os alumnos e alumnas de 2º tamén preparamos o noso Entroido con moita emoción. Preparamos disfraces de TARRO DE MEL: coloreando etiquetas, abellas e repasando panais. As familias viñeron ao cole para axudarnos a preparar os disfraces, tamén elaboraron unha maraca en forma de abella e quedaron chulísimas!
Durante a semana fixemos "O Mandadiño", traendo ao cole cada día un complemento divertido e algúns moi inxeniosos.
E finalmente o venres 9 puidemos saír de pasarrúas por Bueu, xunto cos nosos compañeiros de 1º. Todos xuntos interpretamos na carpa da praza Massó a canción da nosa comparsa AS CENORIAS MELOSAS. Quedounos xenial!
Esta semana de febreiro estivemos traballando o Carnaval en diferentes países e como non, en Galicia. Aprendemos moitas cousas dos folións, dos peliqueiros, das mázcaras... coa axuda dos Bolechas e aínda nos quedan moitas por ver.
E o venres chegou o gran día do desfile, despois de recortar tantas cenorias, ollos, bocas... tiñamos medo que a choiva non nos deixara ensinarvos os nosos traxes polas rúas da vila, pero a auga non apareceu incluso en algún momento saíu o sol.
Pasámolo moi ben e chegamos con tanta fame que devoramos todas as orellas, filloas, flores... que fixeran as familias, moitas grazas.
Xa estamos no curso 2017-2018 e, xa para comezar, o segundo día de clase fomos de saída!!! Aproveitando que o curso pasado traballamos o CINE, invitáronnos os organizadores do festival de curtas FIC de Bueu a ver unha serie de curtametraxes coas que nos divertimos moito e aprendemos máis!
Ademais, puidemos admirar a decoración do Centro Social, feita por Marc Taeger (pai dunha nena de 2º) e ao final fixémonos unhas fotos acompañados de Charlot.
Premede aquí para ver o Facebook do festival: IMAXES
Ao chegar ao cole, quixemos imitar o cartel do Festival. Nas imaxes podedes ver como nos saiu...