BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

Mostrando entradas con la etiqueta PONTEVEDRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PONTEVEDRA. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de diciembre de 2017

Circopeta e máis...

Onte fomos ao concerto do grupo Odaiko chamado Circopeta, no auditorio de Afundación en Pontevedra, gustáronnos moito os instrumentos da familia de percusión que empregaron con distintos materiais, como caldeiros, botellas, vasoiras... Foi moi divertido e interesante.
O alumnado de 2º despois paseamos pola Illa das Esculturas. Mirade no vídeo que ben o pasamos e canto aprendemos!
Os nenos e nenas de primeiro tamén fomos á exposición Wild Life no Café Moderno, tivemos un obradoiro onde fixemos unha araña e despois ensináronnos moitas cousas dos animais salvaxes que alí había expostos en fotografías. Pasounos a mañá voando!














domingo, 11 de junio de 2017

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO


Os nenos e nenas de 1º fixemos case o mesmo percorrido que os de 2º nun horario diferente.
Ás 10 da mañá fomos ao museo, ao Sexto edificio, como somos tantos separáronnos en dous grupos,  1ºA fomos con Luís e 1º B con Paula. A visita polas diferentes salas resultou moi interesante, vimos pintura, escultura, mobles, xoias… Encantounos a historia do tesouro de Caldas de Reis (achado moi importante que se conserva no museo), a “lectura” do escudo que había no sepulcro de Suero Gómez de Sotomayor, os mobles tan decorados, os cadros de paisaxes, os retratos, as miniaturas e tamén cando todos nos convertemos nunha escultura de museo.











Para rematar a visita agasalláronnos cun libro: “Os BOLECHAS coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra”. Estivo xenial!

Ao redor das  11h. fóra xa do museo, merendamos para comezar con forza o percorrido polas rúas e prazas máis antigas de Pontevedra acompañados do guía Roberto que sabe contar as cousas da cidade dun xeito especial.





Preto da unha do serán, montamos no autobús e fomos para o Parque dos Sentidos en Marín. Mentres esperamos polos compañeiros de segundo, xogamos, mollámonos e descansamos. Logo todos xuntos comemos sentados no escenario do auditorio. Sen sequera rematar, recollemos axiña e fomos desgastar enerxía tirándonos polo gran tobogán que hai no parque. Todos o estabamos desexando!

 A parte máis sosegada da xornada chegou coa sesión de cine en Seixo coa película “Richard, la cigüeña” e a visita a sala de máquinas de proxección. 
Foi un día de escola para lembrar!



jueves, 8 de junio de 2017

UNHA EXCURSIÓN INOLVIDABLE!!!


  O martes 6 de xuño deixamos soíño o cole de A Pedra. Por que? Marchamos de excursión!!!

10:00 Iniciamos o día cun roteiro polo casco vello de Pontevedra. Roberto, o noso guía, explicounos cousas curiosas sobre edificios e prazas. Queredes saber alguna? 


11:10 Chegamos ata o Museo do 6º, chamado así porque o Museo de Pontevedra está composto de 6 edificios e ese, foi a última parte en construirse. Que fixemos? Un xogo de pistas. Estivemos buscando o sepulcro de Suero, una mesa antiga, o cadro dunha nena con xoguetes, paisaxes marabillosas e a estatua dun home chamado Lázaro. Por un momento nós tamén quedamos de pedra!




Antes de rematar a visita, ensináronnos o violín de MANUEL QUIROGA. Que ilusión!




12: 45 Saímos correndo e SORPRESA!!! Entramos no Estadio de Pasarón.



14: 00 Hora de comer,  chegamos ao Parque de Briz en Marín.

  


15h40: Hai que marchar. Si. Outra vez a correr. Baño. Mochila. Autobús. Cine.


  18:30 Remata a aventura!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...