BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 26 de abril de 2012

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Co gallo do 50 aniversario da publicación de "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, fixemos unha homenaxe no corredor do colexio. Se premedes no enlace, atoparedes xogos e actividades para aprender máis sobre a vida de Balbino.

martes, 17 de abril de 2012

CONTACONTOS

Inacio no biblocastelo da Pedra
Onte tivemos un contacontos a cargo do Consorcio Editorial Galego. Inacio, un chico de Lalín, contounos varias historias moi divertidas sobre burros. Tamén cantamos e bailamos algunhas cancións sobre burros e aprendemos moito sobre eses animais. 
Se premedes neste enlace, veredes algúns vídeos dese día.
Pasámolo moi ben, grazas Inacio!

jueves, 12 de abril de 2012

CONTACONTOS

O martes 10 de abril empezamos a recta final do curso: o último trimestre. Para comezar con moitas ganas, a editorial Anaya agasallounos cun contacontos a cargo de IAGO LÓPEZ. Contounos un conto no que mesturou: A PRINCESA SABELA e O SOUTO ESCURO E PERIGOSO. Gustounos tanto que case nin pestanexamos durante o contacontos, estabamos tan atentos... Iago meteunos dentro da historia e fíxonos participar e cando rematou quedamos con ganas de escoitar outro. Pero... outra vez será!  

domingo, 8 de abril de 2012

DESCUBRIR A POESÍA

GÚSTANOS A POESÍA
No corredor da biblioteca podedes ler as poesías que máis vos gustaron e que vós mesmos escribistes e decorastes. Non perdades a exposición.



CONTACONTOS CON ANTÓN LAMAPEREIRA

CONTACONTOS CON ANTÓN LAMAPEREIRA
Na derradeira xornada antes das vacacións de Semana Santa os nenos do 1º ciclo tiveron a ocasión de gozar dun contacontos moi especial que nos deixou un bo sabor de boca para comezar as vacacións. Trátase do director da Revista Galega de Teatro, Antón Lamapereira. Aproveitando que o pasado martes foi o Día Internacional do teatro quixo achegarse aos máis cativos para facelos partícipes da súa expresividade e bo facer á hora de contar historias. Nesta ocasión agasallounos cos títulos: NADARÍN, ELMER E A QUE SABE A LÚA.
El é unha persoa entregada que vive intensamente este tipo de experiencias e está claro que os nenos tamén. Nós esperamos volver a contar con el pronto para seguir abrindo portas que nos acheguen ao mundo do teatro e a interpretación.
Un bico moi grande e grazas Antón.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...