Hoxe celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ no patio do colexio. Viñeron os peques de Infantil e xunto cos demais compañeiros de Primaria escoitamos un manifesto que leron algúns representantes de cada clase. O lema deste ano foi: COMO PODEMOS PROTEXER A PAZ? E a resposta a esta pregunta atopámola nun mural que hai na entrada do cole. Animádevos a velo!!! Despois do manifesto cantamos as dúas cancións que tanto ensaiamos. Sabíamolas moi ben e cantámolas moi forte. Ao final do acto, dúas nenas de 2º soltaron unha pomba da Paz.
Mirade o vídeo do acto:
Aquí podedes ver as fotos:
Mirade o vídeo do acto:
Aquí podedes ver as fotos: