BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 30 de enero de 2017

OS NOSOS HEROES E HEROÍNAS

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ, pois conmemoramos a morte de Gandhi. 
Este ano fixémolo no patio dos maiores, xunto cos compañeiros dos outros cursos de Primaria, acordándonos dos heroes ou heroínas que temos ao noso arredor. Por iso os representantes de cada clase leron un manifesto explicando QUE É UN HEROE OU HEROÍNA PARA NÓS? Cada frase quedou recollida no mural da Paz que está na entrada do cole.
Despois cantamos as cancións en galego (Apertas que voan de Paco Nogueiras), en inglés (Count on me de Bruno Mars) e francés (On ècrit sur les murs de Kids United)
E xa que estabamos alí, puidemos ver o acto da entrega de diplomas ao alumnado de 5º que vai titorizar ao de 3º no programa TEI (Titoría entre iguais), no que ao final soltamos uns globos e unha pomba como símbolo de Paz.






martes, 24 de enero de 2017

DESPEDIDA!!!

       A semana pasada despediuse un nena de 2ºA do cole. Entón, o xoves foi unha festa para todos e todas: Mariña estivo contándonos sobre a súa nova aventura en Francia. Presentounos a cidade onde vai vivir (Lille), a súa casa e o colexio no que estudará. Todos estivemos atentos para preguntarlle un montón de cousas. Despois, merendamos xuntos e intercambiamos regaliños de despedida. Pasámolo fenomenal! 

Esperamos pronto a túa visita!

                                                   Querémoste moito!!!!








viernes, 20 de enero de 2017

MATES COOPERATIVAS

     Esta semana a profe Geli visitounos de novo para propoñernos outra actividades. Que emoción! Os rapaces de 2ºA estaban desexando comezar coa técnica "LAPIS AO MEDIO"


Que é iso? preguntaron todos. Sentados en grupos de 4/5, os rapaces tiñan que resolver unha ficha de matemáticas pero con certas condicións: 
1. Cada compañeiro faise cargo dunha pregunta e explica aos demais como se resolve.
2. Se todos están de acordo, collen os lapis depositados no medio das mesas e escriben a resposta. 
3. Se alguén non está de acordo, ten que explicar o motivo e elexir entre todos a solución máis coherente. Ata que non estean convencidos, non poden coller os seus lapis.
4. Ao rematar, cada alumno ten que ler o exercizo que lle tocou e explicar a solución.

     A pesar de non rematar a ficha, entenderon as vantaxes de cooperar e de axudarse uns aos outros. 
                      Ben feito rapaces e rapazas de 2ºA!

  

lunes, 16 de enero de 2017

TRABALLO COOPERATIVO

Este curso estamos aprendendo a traballar dun xeito distinto, chámase TRABALLO COOPERATIVO. Por iso as profes nos repartiron por equipos e déronnos un cargo a cada un: coordinador, encargado, silenciador, revisor...
Hoxe probamos a traballar coa técnica do FOLIO XIRATORIO e pasámolo xenial pero tamén aprendemos!








domingo, 8 de enero de 2017

UN NADAL ALUCINANTE!!!

O mércores 21 de decembro celebramos os obradoiros de Nadal como despedida do trimestre. Os rapaces e rapazas de primeiro e segundo non podían estar máis emocionados cos talleres. Que como foi? de aluCINE! O mural da escaleira xirou arredor do libro (e película) Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dalh, autor de aniversario este ano. Así que, baixo a supervisión de Suso e Geli, todos colaboramos e moi pronto veredes como resultou. Ademais, a profe Nuria fíxonos mover o esqueleto e os pais e nais invitados axudáronnos a realizar unha paisaxe navideña en plastilina.
Despois de tanto rebumbio, un anaco de patio gozaron os meniños e nunha chamada especial, aos Reis Magos fomos esperar! Agasalláronnos cunhas gominolas e nós cuns villancicos: "Campana sobre campana" e "Toca o pandeiro Manuel". 
Xa estaba a rematar a mañá pero non sen picotear un pouco de turrón, mazapán ou chocolate. 
BO NADAL A TODOS E TODAS! 
                               VÉMONOS O ANO QUE VÉN!




Nadal 16 2ºA- Kizoa Editar Videos - Movie Maker













Aquí podedes ver a paisaxe navideña que crearon os nenos e nenas de primeiro e segundo coa axuda duns papás e mamás e tamén das súas profes. Unha mañá divertida e gozosa para todos!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...