BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 31 de marzo de 2013

OLIVER BUTTON É UNHA NENA

O último día de clase antes das vacacións veu ao Bibliocastelo un grupo de rapaces e rapazas do colexio "Virxe Milagrosa" de Bueu para interpretar unha obra de monicreques chamada "Oliver Button é unha nena" e que eles prepararon co gallo do día da Muller Traballadora. A obra foi moi curtiña pero gustounos moito xa que a historia era moi bonita. Ao rematar a función, os intérpretes contáronnos que os monicreques estaban feitos por eles con gomaespuma e ata nos deixaron tocar!
FELICIDADES RAPACES POLO VOSO TRABALLO!






EXPRESÁMONOS!

O 27 de marzo foi o DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO, e dende o colexio quixemos conmemoralo cunha exposición das diferentes expresións que podemos empregar. Estas expresións están expostas na entrada do colexio, se non podedes visitalo, mirade como quedou.



ALMORZOS SAUDABLES

Os días 15 e 20 de marzo celebramos os Almorzos Saudables, organizados pola Consellería de Sanidade. O almorzo mediterráneo consistiu en mandarina, pan con tomate e xamón serrano e un vaso de leite con cacao. O almorzo inglés levaba pera, revolto de xamón cocido e leite con cacao. Antes de almorzar déronnos unha explicación da alimentación saudable e despois de almorzar unha charla da correcta hixiene dental que máis tarde puxemos en práctica.
Algúns de nós probamos alimentos que nunca tomaramos e... gustáronnos! Outros teremos que seguir probando...
As profes quedaron moi contentas pola gran axuda que nos ofreceron moitas mamás e papás. GRAZAS!!!







martes, 12 de marzo de 2013

LEMOS A VIOLETA MONREAL

O alumnado de 1º curso lemos uns contos de Violeta Monreal. Quedamos abraiados coas súas ilustracións e quixemos imitala.
Os de 1º A leron: ¿Qué animal te gustaría ser?
Os de 1º B leron: ¿Qué te gustaría inventar?
Aquí podedes ver o resultado destes traballos.


8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este venres 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA, e fixémolo acordándonos das mulleres cercanas a nós como son as mamás, as irmás, as tías, as avoas, as madriñas, as profes... porque todas elas nos coidan, nos queren, nos ensinan, nos dan bicos... O traballo quedou recollido nun mural. UNHA APERTA FORTE PARA ELAS!

viernes, 8 de marzo de 2013

¿CÓMO SE HACE EL QUESO?

O martes 5 de marzo ao chegar ao colexio na clase de 1ºB tivemos unha sorpresa: Helena trouxo unha cesta chea de cousas ricas. Había queixo de tetilla, queixo fresco, marmelo e pan!
Todo empezou o día que Helena colleu do Bibliocastelo o libro "¿Cómo se hace el queso?" da editorial Susaeta. Levouno a casa e leuno en compañía da súa familia. Ao rematalo decidiron facer queixo e traelo á escola para compartilo cos compañeiros.
Antes do recreo reunímonos coa clase de 1ºA e xuntos probamos o queixo, que estaba delicioso! Acabouse nun periquete!
Moitísimas grazas a esa familia que conseguiu que foramos felices compartindo un rato estupendo cos compañeiros. GRAZAS!!!







martes, 5 de marzo de 2013

RECITANDO A ROSALÍA

O 24 de febreiro conmemoramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, libro de poemas de Rosalía de Castro.
Os nenos e nenas de 1º aprenderon unha das poesías: "Adios ríos, adios fontes" e recitárona xuntos. Mirade que ben o fan!  Noraboa rapaces!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...