Os días 15 e 20 de marzo celebramos os Almorzos Saudables, organizados pola Consellería de Sanidade. O almorzo mediterráneo consistiu en mandarina, pan con tomate e xamón serrano e un vaso de leite con cacao. O almorzo inglés levaba pera, revolto de xamón cocido e leite con cacao. Antes de almorzar déronnos unha explicación da alimentación saudable e despois de almorzar unha charla da correcta hixiene dental que máis tarde puxemos en práctica.
Algúns de nós probamos alimentos que nunca tomaramos e... gustáronnos! Outros teremos que seguir probando...
As profes quedaron moi contentas pola gran axuda que nos ofreceron moitas mamás e papás. GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario