BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

sábado, 29 de junio de 2019

MEDRANDO EN DEREITOS

Como colofón a este curso e ao proxecto do curso 18-19, o alumnado de 1º de primaria participou na gravación dun vídeo sobre os Dereitos Humanos que lles axudou a entendelos mellor.
Foi un duro traballo pero por fin aquí está o resultado.
Noraboa rapaces e rapazas polo voso esforzo! 👏👏👏
Gozade do vídeo!

viernes, 21 de junio de 2019

ÚLTIMA SEMANA DE CURSO

Ufff! Que vida tan ajetreada! Esta última semana do curso 2018-19, foi moi intensa. Participamos en moitísimas actividades, algunhas feitas por nós e outras ás que nos invitaron.
Mirade, mirade...

Asistimos como público ao teatro "CHÍMPATE PEPA", interpretado polo alumnado de 3ºB.




Asistimos tamén á función de fin de curso que realizaron como despedida os compañeiros de 2º. Fixeron moitísimas cousas, teatro, baile, linguaxe de signos, coreografías... Estivo xenial!




Ademais, o último día de clase houbo unha exhibición de TAEKWONDO na que participaron moitos dos nosos compañeiros: Manuel, Iván, Daniel, Anxo Lemos, Lola, Kidist, Xaquín, Iago, Elisa...






Para finalizar o acto houbo unha entrega de premios aos nenos e nenas que acertaron as preguntas do concurso: QUE SABES DE ANTÓN FRAGUAS?
Os premiados foron: 
1º E.P.. Alexandre Calviño Millán, Noa Cordeiro Piñeiro, Pablo Verde Castro e Anxo Lemos Taboada. 
2º E.P.: Valeria García Verde, Eloy Araujo Patiño, Mariña Santiago Pazó e Carmen Pazó Rodríguez.
Noraboa a todos eles!!!






E como colofón final, tomamos unha merendola nas clases e as profes nos agasallaron cunha tarta de chuches para todos!!! Foi un final de curso moi doce😋


FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!!

jueves, 13 de junio de 2019

MÁIS APADRIÑAMENTOS...

Hoxe tocounos a nós ser os apadriñados. O alumnado de 4º veu buscarnos para contarnos un conto que prepararan para nós. Ao finalizar agasalláronnos con debuxos ou marcapáxinas do conto. Foi unha actividade moi bonita.
Grazas compañeiros e compañeiras!

domingo, 9 de junio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2019

O pasado martes 4 de xuño, o día levantouse bastante chuvioso. Menos mal que as nosas ganas de ir de excursión disiparon a chuvia e ao final quedou un día precioso para visitar o PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE en Campolameiro.
Alí aprendemos como facían as súas labores os nosos antepasados, como fabricar fariña, plantar sementes e construir tarros de cerámica. Ademais observamos atentamente os debuxos que nos deixaron nas pedras (petróglifos) e puidemos visitar o museo de interpretación. Entre medias deunos tempo a comer nunhas mesiñas de madeira e ter uns ratiños de tempo libre gozando da natureza. O que máis nos impactou foi a exhibición de lume.
A chuvia volveu xusto no momento de marchar, pero xa non nos importou. Pasámolo xenial e aprendemos moito. Foi un gran día!



viernes, 7 de junio de 2019

VISITA DUNHA AUTORA: ANA ALONSO!

Non nos daba chegado o día en que viñera ANA ALONSO!!! Estabamos impacientes por coñecer á autora dos libros que lemos:



Pero, como é unha autora? As nosas cabezas imaxinaron de todo: loira, morena, con cara de sabia, moi maior, cun lapis na man... E Ana non nos decepcionou!
Como non podía ser doutro modo, ten unha forma de falar que nos encandilou dende o primeiro minuto e estivemos toda a sesión coa boca aberta, atentísimos ás súas historias. Pasámolo xenial coas súas anécdotas e, ao final, asinounos o conto a cada un de nós!
Moitas grazas por vir á nosa Biblioteca! Non deixes de escribir nunca libros tan marabillosos e volve sempre que queras!!!





jueves, 6 de junio de 2019

ACTIVIDADES MAIO E XUÑO

Nestes últimos días de curso, levamos un ritmo frenético con tantas actividades interesantes que nos quedaban por facer. Nesta entrada imos facer un resumo dalgunhas delas.

OBRADOIRO DE CONTOS CON MIRÓ:
Esta actividade consistiu en decorar a parede exterior da biblioteca. Antes era un muro feo e sucio, pero dende que renovamos o Bibliocastelo tiñamos moitas ganas de decoralo. Eliximos a mellor das maneiras: cun contacontos! e para iso nos axudou Esteban, o TARABELO. Neste vídeo podedes ver como foi o proceso.
Agora temos un muro precioso. No facebook de Tarabelos podedes ver máis fotos.
Mil grazas, Esteban!!!



CREACTIVITY:
Un día apareceu no patio do colexio un autobús moi especial. Dentro del, un montón de cousas rarísimas estábannos esperando. Pero... que eran? Pois nada menos que obxectos para experimentar e aprender ciencia!!!
Entre eles había material de robótica, un panel enorme para crear labirintos, desafiamos a lei da gravidade co tubo de aire e, o que máis nos gustou: uns ordenadores para crear as nosas películas con stopmotion! Foi un día xenial😄






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...