BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 25 de mayo de 2016

REUNIÖN DE FAMILIAS

REUNIÓN FAMILIAS FIN DE CURSO 2015_16

Deixamos aquí a presentación que mostramos o martes día 24 de maio na reunión de familias de 1º e 2º curso de primaria. Esperamos que chegue esta información a maioría de nais e pais. Un saúdo 
Premade na imaxe.

TEATRO

TEATRO MUSICAL NO CENTRO SOCIAL DO MAR


O luns día 23 o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria asistiron  a un musical do conto que leran na clase de  Manuel María "O bigote de Mimí" 
A representación correu a cargo de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto.  A actuación estivo xenial e o alumnado participou activamente. Aquí queda unha foto da actuación.

 


domingo, 22 de mayo de 2016

APADRIÑAMENTOS

APADRIÑAMENTOS CURSO 2015-16
Os nenos e nenas de infantil querían saber do conto que escribiu Manuel María "O BIGOTE DE MIMÍ" que o luns 23 de maio irémolo ver  escenificado e cantado ao Centro Social de Mar de Bueu, polo que decidimos que os mellores CONTACONTOS  para a ocasión eran os rapaces e rapazas de 1º e 2º curso.  
Os nenos e nenas de infantil escoitaron con atención as aventuras do gato MIMÍ narradas polos seus compañeiros e compañeiras de primaria, así que a obra de teatro xa non os pillará de novas.
 Foi unha xornada bonita e así quedou demostrado en fotos.

APADRIÑAMENTOS by Slidely Photo Gallery

PHOTOCALL NA BIBLIOTECA

PHOTOCALL ESPACIAL
Fantástico traballo realizado por algunhas familias do centro, grandes colaboradoras da biblioteca escolar baixo a coordinación da mestra Lina. Crearon un Photocall que converte ao bibliocastelo nun estudo espacial e fai as delicias dos rapaces e rapazas cada vez que visitan o lugar. Aquí queda unha presentación coas caras de gozo do noso alumnado.
 
PHOTOCALL by Slidely Photo Gallery

lunes, 2 de mayo de 2016

QUEREMOS Á NOSA PRAZA!

O venres 15 de abril saímos do cole para visitar a nosa praza, a PRAZA DE ABASTOS DE BUEU, para participar no programa QUERE O TEU MERCADO
Como chovía un chisquiño, fomos con paraugas, impermeables e botas de auga...
Na praza estábanos agardando Alicia, quen nos amosou posto por posto moitos peixes, mariscos, cefalópodos, moluscos... ensinounos a diferenciar o peixe branco do azul fixándonos na cola, abriu a boca dun peixe sapo que nos impresionou... 
Visitamos tamén os postos de bacallau, panaderías... nas froiterías coñecimos a laranxa borracha, máis escura por dentro que as normais. 
Nas carnicerías, comparamos a cabeza dunha vaca coa dun cordeiro e ensináronnos vísceras coma o corazón e o fígado.
En conxunto resultou unha visita moi interesante e productiva, pero o mellor foi a sorpresa que nos agardaba no primeiro andar, unha merendola con froitas, diferentes pans e bicas. Mmmmm! Acabamos con todo!!!
Ao volver ao colexio, fixemos un debuxo do noso mercado para participar no CERTAME DE DEBUXO "QUERE O TEU MERCADO" organizado pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia. Non podemos deixar de agradecer a Alicia e a todos os praceiros o amabeis que foron connosco e mesmo ás persoas de Bueu que estaban comprando naquel momento.
Moi cedo poderedes ver os nosos debuxos expostos na nosa praza, a mellor!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...