Como xa publicamos hai uns días, o venres 24 celebramos un
ENTROIDO DE CINE, que resultou espectacular. Tanto, que aínda nos quedaron cousas por dicir...
Toda a semana de Entroido viñemos á escola adornándonos cada día con algo distinto: o LUNS coa cara maquillada, o MARTES cun sombreiro, o MÉRCORES con algo no pescozo e o XOVES con algo nos pés... E como cada ano, quedamos sorprendidos coa orixinalidade e a creatividade das familias. Aí van algunhas fotos...


Ademais, decoramos unha pancarta co lema da nosa comparsa BUSCANDO AOS MINIONS, para lucila o día do pasarrúas.
E despois do desfile, e dos cánticos na praza Massó, ao voltar ás aulas atopamos unha merenda fabulosa elaborada polas nosas familias: CHULAS, FILLOAS. ORELLAS, BISCOITOS... Mmmmm! Que boísimo estaba todo!!!! Mirade como compartimos a merenda...
E, xa para rematar, se queredes ver máis imaxes do Entroido no colexio, premede nestes enlaces: