BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 30 de enero de 2014

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ lembrando a Nelson Mandela. Cada aula traballou unha das frases que pronunciou ao longo da súa vida, con elas fixemos un mural e lémolas no patio onde cantamos unha canción de Simple Minds sobre Mandela e CAMPÁS POLA PAZ de Migallas. Ao final soltamos unha pombiña.







domingo, 26 de enero de 2014

BIBLIOTECAS AMIGAS

O venres 24 foi unha data moi especial. Fomos ao Centro Social do Mar e alí estaba agardándonos TAMBO! A tartaruga mascota da biblioteca do CEIP do Carballal de Marín. E, non viñera soa, que estaba acompañada de ONZA e os seus profes VÍCTOR e LAURA. Estaban ademáis PAPIRUS e a profe MARTA.
Entre todos, contáronnos as historias e cantáronnos algunhas das cancións do libro-disco-DVD TAMBO.
Gustounos moito compartir un rato tan agradable con eles cantando e bailando a rachar!
Esperamos volver a veros moi cedo, mentres tanto podedes ver os vídeos...












miércoles, 8 de enero de 2014

OBRADOIROS DE NADAL

O venres 20 de decembro, último día de clase, participamos nos OBRADOIROS DE NADAL.
- No obradoiro bilingüe aprendemos unha panxoliña en inglés "Jingle Bells" xunto á profe Luisa e fixemos unha postal de Nadal.
- No obradoiro plástico un grupo de nais axudounos a crear unha paisaxe invernal de plastilina. Moitísimas grazas a todas pola vosa colaboración e pola vosa ilusión!
- No obradoiro creativo fixemos uns adornos navideños en forma de rosca xunto á profe Geli para decorar a carroza da ANPA.
- No obradoiro musical cantamos e bailamos a canción da nosa mascota "PAPIRUS" e fixemos un adorno navideño para a árbore da nosa casa.
 
Para finalizar ben a mañá, fixemos unha merenda conxunta que, no 2º curso foron unhas BROCHETAS DE FROITA E CHOCOLATE que estaban mmm! DELICIOSAS!!!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...