BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de enero de 2019

OBRADOIROS DE NADAL

O último día antes de irnos de vacacións de Nadal foi moi especial. Celebramos os obradoiros de Nadal e fomos rotando polas clases onde nos esperaba un xogo cooperativo distinto en cada unha delas.
- No obradoiro plurilingüe, con Marina, fixemos un concurso de QUESTIONS e unha CHRISTMAS CARD de agasallo.
- No obradoiro expresivo, con Goretti, fixemos un xogo relacionado con BLANCANIEVES Y LOS 7 DERECHITOS.
- No obradoiro decorativo, con Geli, ordenamos dentro duns globos as letras dos dereitos humanos para completar o MURAL de Mafalda e fixemos as letras do título.
- No obradoiro plástico, con Rosa, creamos unha PAISAXE INVERNAL con plastilina. Temos que agradecer a axuda dalgúns papás e mamás que desinteresadamente colaboraron con nós. Viñeron o pai de Lola (1ºA) e a nai de Nerea (1ºB), o pai de Gabriel (2ºA) e a nai de Carmen (2ºB) GRAZAS!!!

Para rematar a mañá, visitáronnos os Reis Magos. Cantámoslles panxoliñas e tocaron a guitarra algúns dos nosos compañeiros. Finalmente, merendamos xuntos doces típicos de Nadal. 
Este día foi tamén a despedida do profe Jacobo, de 1ºA. Moitas grazas por ensinarnos todo este tempo e moita sorte!

 Podedes ver no vídeo o ben que o pasamos e as actividades chulas que fixemos:

sábado, 22 de diciembre de 2018

BO NADAL!

 

Premendo nesta imaxe podedes atopar moita información sobre a postal colaborativa na que participamos o alumnado de 1º e 2º de Primaria coas seguintes persoas que loitaron polos Dereitos Humanos:
2ºB: Mahatma Ghandi

 1ºA: Emilia Pardo Bazán

 1ºB: Rigoberta Menchú

 2ºA: Annie Nushann

jueves, 20 de diciembre de 2018

A ÁRBORE DOS DEREITOS

Nestes días que estamos rematando o trimestre, estamos moi ocupados decorando as portadas das carpetas de Nadal. Este ano creamos a ÁRBORE DOS DEREITOS, pegando en cada bóla da árbore a imaxe dun dereito: vivenda, familia, identidade...
Mirade que chulos quedaron!



viernes, 15 de diciembre de 2017

SABOROSO NADAL!

Nas semanas previas ás vacacións, o alumnado de 2º preparamos moitas actividades relacionadas co Nadal. Unha delas foi a portada da carpeta coas fichas do trimestre. Nesta ocasión decoramos unha árbore de Nadal con alimentos variados. Mirade que saborosos quedaron!





domingo, 8 de enero de 2017

UN NADAL ALUCINANTE!!!

O mércores 21 de decembro celebramos os obradoiros de Nadal como despedida do trimestre. Os rapaces e rapazas de primeiro e segundo non podían estar máis emocionados cos talleres. Que como foi? de aluCINE! O mural da escaleira xirou arredor do libro (e película) Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dalh, autor de aniversario este ano. Así que, baixo a supervisión de Suso e Geli, todos colaboramos e moi pronto veredes como resultou. Ademais, a profe Nuria fíxonos mover o esqueleto e os pais e nais invitados axudáronnos a realizar unha paisaxe navideña en plastilina.
Despois de tanto rebumbio, un anaco de patio gozaron os meniños e nunha chamada especial, aos Reis Magos fomos esperar! Agasalláronnos cunhas gominolas e nós cuns villancicos: "Campana sobre campana" e "Toca o pandeiro Manuel". 
Xa estaba a rematar a mañá pero non sen picotear un pouco de turrón, mazapán ou chocolate. 
BO NADAL A TODOS E TODAS! 
                               VÉMONOS O ANO QUE VÉN!




Nadal 16 2ºA- Kizoa Editar Videos - Movie Maker













Aquí podedes ver a paisaxe navideña que crearon os nenos e nenas de primeiro e segundo coa axuda duns papás e mamás e tamén das súas profes. Unha mañá divertida e gozosa para todos!

lunes, 19 de diciembre de 2016

CARPETAS DE CINE

Para rematar este trimestre, o alumnado de 1º levará os seus traballos nunha carpeta. Na portada, decoramos unha árbore de Nadal e puxémoslle unha estrela que contiña unha frase de película. Había de Toy Story, O rei León... Fixemos unhas portadas de cine!








viernes, 19 de diciembre de 2014

OBRADOIROS DE NADAL

O 19 de decembro foi o último día lectivo antes das vacacións de Nadal e como vén sendo habitual celebramos uns OBRADOIROS DE NADAL. Este ano estiveron adicados á ARTE, concretamente de Kandinsky. Ao longo da mañá estivemos preparando un cadro enorme chamado "Estudo cadrados de cor", unhas letras coa técnica de collage para formar a palabra VALORARTE, outras letras decoradas ao estilo deste pintor con figuras xeométricas e abstractas para escribir o nome do artista: KANDINSKY. Todo este traballo colgámolo na parede que hai nas escaleiras que suben ás nosas aulas. Ademais, grazas á colaboración de 8 nais do ciclo fixemos unha PAISAXE INVERNAL de plastilina que decora a nosa entrada ao colexio. ENLACE
Despois de tanto traballo tiñamos moita fame polo que fomos almorzar ao comedor do cole unha cunca de chocolate quente e un anaco de rosca que estaba boísima. 
Para rematar unha mañá xenial, viñeron os Reis Magos cargados de lambetadas! Para agradecerlles a súa visita, cantámoslles dúas panxoliñas: "Aló entre as pallas" e "Arre, borriquito". 
Foi unha mañá estupenda!






domingo, 15 de diciembre de 2013

XA SE ACHEGA O NADAL...

Si, xa se achega o Nadal e como non podemos deixar pasar estas datas de calquera xeito, xa estamos preparando moitas actividades para realizar ao longo desta semana que rematarán o venres 20 cos xa tradicionais OBRADOIROS DE NADAL.
Xa vos iremos contando pouco a pouco todo o que imos facer... De momento, conformádevos con estes traballos plásticos que serán a portada da carpeta dos traballos trimestrais que levaremos a casa esta semana.




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...