BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 26 de febrero de 2019

SACHANDO CONTOS CON TARABELOS!

Hoxe, o alumnado de 1º B tivemos a grandísima sorte de ser os elixidos para realizar o ensaio xeral do novo espectáculo de TARABELOS. Trátase do SACHACONTOS, unha combinación de debuxo, imaxinación, creatividade e diversión guiada polo contacontos Esteban.
Ao longo da sesión fixemos un debuxo cada un que se convertiron nunha historia, creamos monstros, robots, persoas e animais con moitos ollos, brazos e orellas (tal e como nos decían os dados) e aprendemos a sachar contos.
Gustounos moitísimo e agradecémoslle a Esteban que pensara en nós para levar a cabo esta actividade tan proveitosa. Desexámoslle moitos éxitos!








sábado, 23 de febrero de 2019

ROSALIANDO DEREITOS

Este ano, para celebrar o Día de Rosalía estivemos traballando nas aulas o poema PRA HABANA, que nos fala da emigración a Cuba e que está incluído no libro Cantares Galegos. Deixámosvos unha pequena mostra dos alumnos de 2º A e 2º B recitando o poema.

jueves, 21 de febrero de 2019

ROSALIANDO DEREITOS

O día de ROSALÍA 2019 celebrámolo na escola recitando e gravando o poema PRA HABANA! de Cantares Galegos. Na nosa intención está coñecer cada ano un pouquiño máis a poeta maior de Galicia: lendo, recitando, cantando, debuxando... os seus poemas. Neste vídeo ROSALIANDO DEREITOS queda unha pequena mostra do que fixeron o alumnado de 1ºA e 1ºB.

martes, 19 de febrero de 2019

OS ELECTRECOS

Xove veu ao Bibliocastelo o Doctor Nillo (Ator Nillo)😉 para explicarlle ao alumnado de 1º que facer cos RAEE: Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. A través dun vídeo dos Bolechas descubrimos que os aparellos vellos non se poden tirar ao lixo nin deixar polos montes e ríos, senón que hai que reutilizalos, levalos a un punto limpo ou pedir que nolo recollan nos puntos de venda. 
O Doctor Nillo ensinounos unha canción, fixo un concurso e deunos un montón de agasallos e un libro dos Bolechas. O que máis nos gustou foi o carnet de colaborador dos Electrecos!
Podedes consultar moita máis información neste enlace: ELECTRECOS.
A partir de agora teremos máis conta do que tiramos. Grazas Nillo!!!
 



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...