BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 20 de diciembre de 2011

CONCURSO LITERATURA MARIÑEIRA

Os nenos e nenas de 2º curso resultamos gañadores do 1º premio do concurso de literatura mariñeira convocado pola Confraría de Bueu co noso traballo PEQUENA OLLADA CARA O MAR DE BUEU. Hoxe martes fomos recibir o premio no Centro Social do Mar e como chovía tanto levamos a Ángel de 2º A e a Lucía de 2º B como representantes da clase para recoller o premio e o diploma que nos outorgaron.


Recibimos o premio no Centro Social do Mar.


Aquí celebrámolo con todos os compañeiros e compañeiras no centro.

domingo, 18 de diciembre de 2011

COÑECE BUEU

O Obradoiro de Emprego de Bueu colaborou co noso centro, a parte de decorar a entrada da nosa biblioteca, por certo, quedou preciosa!, ofreceulles aos nenos e nenas de infantil e 1º ciclo diversas actividades que tiñan como obxectivo COÑECER BUEU. As actividades plantexadas foron lúdicas e activas polo que os nenos e as nenas por medio de xogos como Twister, adiviña que?, de búsqueda, clasificación, construción, etc aprenderon cultura mariñeira, descubriron lugares importantes de Bueu e coñeceron o nome de edificacións populares(cruceiro, hórreo...). Pasaron un momento de aprendizaxe divertido. Moitas Grazas pola colaboración. Mirade algunhas fotos.


viernes, 16 de diciembre de 2011

CROSS ESCOLAR

O venres 9 de decembro participamos no Cross Escolar invitados polo Concello de Bueu e organizado en colaboración cos centros escolares da comarca. Na nosa categoría obtivemos dous premios, o terceiro premio en feminino foi para Lucia Portela de 2º B e o primeiro premio masculino para Adrián Piñeiro tamén de 2º B. NORABOA!!! Aquí podedes ver as fotos da actividade.


jueves, 8 de diciembre de 2011

POSTAIS DE NADAL 2011

Aquí podemos ver as postais de NADAL dos nenos e nenas de 1º e 2º, realizadas en colaboración coa súa familia.Mirade que bonitas quedaron! Na entrada do colexio pódese visitar a exposición, está moi fermosa. Si non as ves usa outro explorador pódelo conseguir premando neste enlace



miércoles, 7 de diciembre de 2011

O APALPADOR

Agora xa coñecedes o Apalpador, podedes facer algunhas actividades pinchando na súa imaxe.


lunes, 5 de diciembre de 2011

UNHA OLLADA CARA O MAR DE BUEU

Os nenos e nenas de 2º curso do CEIP A Pedra elaboramos unha reportaxe, para descubrir cousas relacionadas co mar de Bueu, foi un traballo moi laborioso e pidémolo realizar grazas a colaboración das familias e das nosas mestras. Con el, imos participar no concurso que convoca a confraría de pescadores de Bueu, sobre literatura mariñeira. O resultado pódese ver neste vídeo.


domingo, 27 de noviembre de 2011

NADAL ENTRETIDO E DIVERTIDO

Neste Nadal podemos entreternos aprendendo moitas cousas, aquí temos algunha idea.






Prema na imaxe

viernes, 4 de noviembre de 2011

SAMAÍN 2011

Este ano polo Samaín os nenos e nenas da Pedra convertéronse en meigas e druídas. Así prepararon apócemas terrórificas, con ingredientes arrepiantes que mesturaron nunha pota máxica. Para que este curso resulte proveitoso e cheo de experiencias positivas para todos.

Aí van as ÁPOCEMAS que fixemos no 1º ciclo.



Uñas porcas de pé de bruxa(Mateo e Carla 1ºB

Ollos de sapo podre(Rubén e Marcos 1º B)

Ferradura Podre dun cabalo (María e Mario 1ºB)

Rabo de cabuxa apestosa (Alonso e Atenea 1º B)

Peido de Lobo(Dani e Sara 1º B)

Ollos de rato morto dende fai 50 anos(Rocío e Gabriela 1º B)

Ollos de sapo birollo (Mabel, Isay 1º B)

Ratos. Vómito. Pantasmas. Cenoria podre. Un gato morto. Un cueiro con caca e pis. (1º A)




Ollo de serpe ensanguentado(Borja e Damián 2º A)

Un cuarto de litro de mexo de can sen dentes(Ángela, Cristián e Pablo 2º A)

150 gramos de cerebro de sapo(Candela e Sergio 2º A)

200 gramos de moco de elefante arrefriado(Inés B.e Hugo 2ºA)

Medio quilo de bosta de vaca(Giovanna e Inés da Silva 2º A)

Rabo de rata de cloaca(Héctor e Aitor 2º A)

Peido de bruxa vella(Miguel e Tania 2º A)

Baba de caracol esmagada(Lucían e Breixo 2º A)

Dúas tripas de morcego podre(Martín e Ángel 2º A)

Sangue sucio(Ramón e Carmen 2ºB)
Ratos mortos de tres días(Lucía e Marcos 2º B)
Vampiro(Noa e Adrián 2º B)
Mocos(Lia e Julio 2º B)
Caracois esmagados(Antía e Fran 2º B)
Tripas de Vaca(Pablo S. e Alexandra 2º B).
Tripas de rato con ollos de camaleón(Iría e Hugo 2º B ).
Caca de rato e rata, tripas e ollos de rata e rato(Marina e Pablo V.2ºB)

Os nenos e nenas do 1º CICLO tamén participamos con moito interese na exposición de cabazas que fixemos no centro. Observade as fotos!!.





CONTOS DO MUNDO: Irene en Centroamérica


O día 27 de outubro fomos ao Centro Social do Mar a ver unha función de monicreque de contos do mundo titulada “Irene en América Central”.

Irene é unha nena de 9 anos. Os seus pais son cooperantes e traballan en países nos que necesitan axuda e Irene vai con eles. Nesta ocasión viaxou ata América Central.

Con Irene aprendemos os países que forman esta parte do continente americano: Belice, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica e Panamá.

Contounos varias historias:

De Guatemala, falounos do quetzal (paxariño) e de marimba (instrumento musical). Contounos unha historia dos “Indios Mayas”: “A historia do home que se transformou en sol”.

De Honduras, contornos historias de animais(xaguar).”Tío xaguar, tío boi e tío coello”.

De Nicaragua, contornos unha fermosa historia dunha princesa baseada nun poema de Rubén Darío.

Nós quedamos con ganas de escoitar máis historias, había moitas máis … están recollidas nuns libriños que nos deron para a BIBLIOTECA DE AULA, así que cando nos apeteza podemos lelos e gozar con Irene.

jueves, 22 de septiembre de 2011

CURSO 2011/12

OLA A TODOS E TODAS!!! XA TEMOS UN ANO MAIS e pululando polos corredores de primaira hai cariñas novas, SON OS NENOS E NENAS DE DE 1º QUE SE INCORPORARON AO CENTRO DE PRIMARIA CON MOITA ILUSIÓN, curiosidade E ALEGRÍA. OS DE 2º SEGUEN AÍ SACANDO DE SI ESAS GANAS DE APRENDER QUE LEVAN DENTRO. BENVIDOS ao VOSO COLE, a pesar de haber tempos difíciles, TODOS XUNTOS IMOS CONSEGUIR QUE SEXA UN CURSO interesante, motivador, alegre e sobre todo importante para vós.

martes, 28 de junio de 2011

FESTA DA AUGA

E por fin chegou o último día!!! Os nenos e nenas estaban nerviosos, ledos... agardaban con impaciencia a FESTA DA AUGA! Como gozaron, que ben o pasaron! A sorpresa chegou co canón de escuma e cunha torta un tanto especial. Mirade as fotos e envexádenos!
Unha aperta forte aos nenos e nenas de que abandonan o noso ciclo e... ata o próximo curso!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a digital slideshow

jueves, 16 de junio de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

E por fin chegou o día: hoxe os nenos de 4ºA foron contarlle un conto aos nenos de 1ºA. Cada un contoulle o conto que elixira con moito agarimo para un dos peques do cole. Despois, os nenos e nenas de 1ºA, leron todos xuntos o "CONTÍN CONTÓN" e amosaron aos nenos de 4ºA o traballo que fixeran dese libro. Quedou precioso e aos maiores gustoulle moito o noso traballo!



miércoles, 15 de junio de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe, os nenos de 1ºB recibimos a tan esperada visita dos nenos de 4ºB para contarnos un conto a cada un de nós. Gustounos moito ver como os maiores nos contaban un conto con toda a súa ilusión. Ademáis, fixéronnos un agasallo a cada un: un debuxo do libro que nos contaron. Para finalizar, o noso contacontos Hugo Rodríguez aventurouse a contar a todos "CONTÍN CONTÓN". Fíxoo moi ben e pasamos un rato moi agradable.


Grazas e... ata outra!



lunes, 6 de junio de 2011

SAÍDA FIN DE CURSO

O mércores 1 de xuño o primeiro ciclo ao completo foi de saída de fin de curso a VIGO. Foi unha excursión moi completa xa que 1º fomos a ver un teatro en inglés no cine Salesianos chamado "NUMBERS, COLOURS & SONGS". Foi moi divertido xa que combinaban teatro con cancións e os decorados eran moi chamativos. Ademais entendimos moi ben os diálogos.


Ao saír de alí separámonos, e os de 1º foron ao MARCO e os de 2º ao VERBUM. Xuntámonos para comer en Samil e pola tarde fixemos do revés: os de 1º foron ao VERBUM e os de 2º ao MARCO.


As dúas actividades estiveron moi ben: no MARCO visitamos 3 instalacións de MARTIN CREED que imos lembrar sempre xa que unha delas era unha "piscina" de globos que colaboramos en encher e na que despois mergullámonos.


No VERBUM fixemos un percorrido guiado polo museo, respondendo distintas cuestións relacionadas coa lingua e cos medios de comunicación. Despois fixemos un obradoiro onde aprendimos sistemas de comunicación relacionada cos sentidos, como o sistema BRAILLE e traballamos nunha ficha moi interesante.


Na comida compartimos un rato moi agradable todos xuntos e despois fixemos xogos ao aire libre como o "pañuelo", saltamos á corda... Cando remataron as actividades da tarde voltamos para Bueu...


FOI UN DÍA PARA LEMBRAR!!!


Click to play this Smilebox slideshow








Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow made with Smilebox

viernes, 27 de mayo de 2011

CONTACONTOS ESPECIAL

Onte viñeron algúns rapaces e rapazas do instituto Johann Carballeira a contarnos dous contos: TÍO LOBO e ONCE DAMAS ATREVIDAS. Representáronos e fixéronnos rir a gargalladas. Agradecémoslles o seu esforzo e nós estivemos moi atentos. Despois os nenos buscamos o conto pola biblioteca para podelo ler na nosa casa. Ata o próximo ano!


TEATRO TARABELOS

O luns 23 de maio tivemos a 2ª sesión de títeres de TARABELOS. Esta vez representou O PAXARO MÁXICO, onde a través da súa protagonista Sabela fomos descubrindo un conto fantástico. Eran incríbles os decorados, os monicreques e todos os materiais que empregou Esteban que, ademais, eran feitos por el.




Nós despois fixemos uns debuxos para regalarlle.


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Customize a scrapbooking design

lunes, 16 de mayo de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O venres 13 os nenos e nenas de 2º fomos contarlle un conto aos peques de 4 anos. Cada un contoulle o conto que quixo, e como é o noso preferido, aos rapaces gustoulles moito. Agardamos con impaciencia o día que veñan os maiores a contarnos o seu conto preferido a nós. Estade atentos que pode ser calquer día!



JACOBO FERNÁNDEZ

O xoves 12 veu a visitarnos ao cole o escritor do libro A PEDRA E AS FORMIGAS que leron os nenos e nenas de 2º curso: JACOBO FERNÁNDEZ.


Empezou explicándonos o que é unha banda deseñada e quedou moi contento cando lle ensinamos a que fixemos os nenos de 2º B: "Xa vexo que sodes uns expertos" dixo. Tamén amosounos algúns debuxos e dixo que os fixera con acuarela. Finalmente rematamos cunha rolda de preguntas antes de que asinara os nosos libros. Ata pronto Jacobo e grazas pola túa visita!

miércoles, 11 de mayo de 2011

TEATRO

Por mor da conmemoración das Letras Galegas, hoxe fomos todo o cole de primaria a ver un teatro a cargo de TARABELOS. A obra que interpretou foi: O TRAXE NOVO DO REI, unha versión moderna do conto de Andersen que xa coñeciamos. Esteban, o actor estivo fantástico e quedamos abraiados coa cantidade de cousas que sabía facer el só. Como nos gustou tanto, o próximo día 23 iremos de novo a ver outra obra: O PAXARO MÁXICO. Esperámosvos!


domingo, 8 de mayo de 2011

II CORRELINGUA DO MORRAZO

O mércores 4 de maio celebramos en Bueu a 2ª edición do CORRELINGUA NO MORRAZO. Participaron colexios de Marín, Moaña, Cangas e Bueu, así que xuntámonos máis de 1000 nenos e nenas de Infantil, Primaria e Secundaria. Reunímonos na praza do Concello de Bueu e despois saímos a facer unha marcha polas rúas de Bueu baixo o lema "EN GALEGO SEMPRE SOMOS". Á volta nos agardaba unha degustación de leite Ulla que estaba riquísima e un concerto do TIC-TAC. Todos levabamos unha camiseta diseñada por nós coa palabra que máis nos gusta da nosa lingua. Mirade que bonitas quedaron!

lunes, 2 de mayo de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este ano quixemos celebrar o DÍA DO LIBRO cunha iniciativa do Equipo da biblioteca: uns APADRIÑAMENTOS LECTORES que consistiron en que cada neno tiña que contar un conto a outro neno máis pequeno do cole. O venres 29 empezamos os de 1º e fomos contar CONTÍN CONTÓN aos nenos de 3 anos. Gustoulles moito o noso conto e pasámolo moi ben retornando ao noso anterior colexio de Infantil. O mellor foi o remate final con HUGO RODRÍGUEZ de 1ºB contando o conto a todos os nenos xuntos. Canto rimos!






Agardamos con moita ilusión o día que os maiores veñan contarnos o conto a nós, e estade atentos xa que pronto irán os de 2º a contarlles un conto aos nenos de 4 anos. MIRADE QUE FOTOS!









viernes, 22 de abril de 2011

CONTACONTOS

Pero aí non acabou todo, ese mesmo día os nenos e nenas de 1º tivemos outra sorpresa: a visita de MARIO TOMÁS, un contacontos que viña de parte de CONSORCIO GALEGO EDITORIAL xa que nós limos o libro CONTÍN CONTÓN que é de esa editorial.
Mario contounos 3 contos tradicionais: dous orais e un con monicreques. Fixo que pasaramos un bo rato. Grazas Mario e deica logo!

EASTER EGGS

O venres 15 de abril foi o último día de clase antes das vacacións de Semana Santa e celebramos coas profes de inglés a festa anglosajona "EASTER EGG". Foi unha sorpresa para todos cando chegaron os EASTER BUNNIES e nos contaron que ían agochar os ovos para que despois nós os atopáramos. Despois saímos ao patio, cantamos a canción HAPPY EASTER e buscamos os ovos de chocolate que despois comemos. Finalmente xogamos coas sorpresas que ían dentro. Que ben o pasamos! HAPPY EASTER TO YOU!



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...