BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 13 de mayo de 2013

QUE SABES DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO?

Durante este mes de maio estamos participando no xa tradicional concurso das Letras Galegas: QUE SABES DE...? Este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño. Para participar só hai que ir ao mural que está na entrada do cole onde aparecen as caricaturas que lle fixemos os rapaces de 1º. Despois de ler a pregunta correspondente, respondémola nun papel e metémola na furna.




Xa temos 4 gañadores do noso ciclo: LAURA BOUBETA PORTELA (1ºA), NURIA ARGIBAY CAÍÑO (2ºA), ALBA VIDAL CABANELAS (2ºB) e SERGIO MALVIDO FERNÁNDEZ (1ºB).
Xa está exposta a 4ª pregunta no mural: ESCRIBE O TÍTULO DE DÚAS PELÍCULAS NAS QUE INTERVIU COMO ACTOR.
Animádevos a respondela!!!

viernes, 10 de mayo de 2013

IV CORRELINGUA DO MORRAZO

Hoxe celebramos o CORRELINGUA, unha marcha en favor da lingua galega, onde os dorsais das camisetas son as nosas palabras preferidas do galego. Este ano celebrouse en Bueu baixo o lema: O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO.
Xa levabamos uns días preparando as camisetas decorándoas cunha palabra relacionada coa natureza. Esta mañá puxémolas xunto cunhas pañoletas e saímos do colexio. Cando chegamos á praza do Concello xa nos estaban esperando os rapaces doutros coles do Morrazo e despois de agardar un anaquiño, comezou a marcha polas rúas de Bueu. Cando rematamos o percorrido tomamos a merenda e escoitamos o manifesto. A continuación comezou o concerto amenizado por LUIS PREGO quen nos animou a cantar e bailar danzas tradicionais galegas, entre elas as que tanto tiñamos practicado "Don Melitón" e "O señor da serra". Rematamos algo cansos pero aínda quedaron folgos para voltar ao cole.
Agradecemos moito o traballo das profes organizadoras (Geli, Goretti...) e das nais que nos acompañaron durante toda a mañá. Podedes ver a noticia na prensa premendo neste enlace: FARO DE VIGO  









Podedes ver máis fotos e vídeos sobre o CORRELINGUA nos seguintes enlaces:
TRASNOS A PEDRA

miércoles, 8 de mayo de 2013

O XOGO DA OCA

O venres pasado tivemos unha visita no Bibliocastelo: PEPA MARTÍN, MARISCADORA DE CONTOS. Pepa contounos a historia dun neno chamado Arturo ao que non lle gustaban nada as matemáticas, e desexou moi forte tres veces que desapareceran os números. Logo descubriu o importantes que son na nosa vida, e que están presentes no día a día, polo que tivo que lograr que voltaran a aparecer.
Mentres nos contaba a historia, os nenos de 1º A e 1º B fixemos dous equipos para xogar á OCA, de maneira que iamos avanzando ao responder preguntas de diferentes temas (contos, matemáticas, coñecemento, historia...) todas elas relacionadas coa historia que nos contaba. Soubemos responder a todas as preguntas, estivemos estupendos!
Foi como unha proba para converternos en futuros sabios, que era o xeito no que os antigos transmitían o saber antes de que existiran os libros.
Finalmente Pepa agasallounos cun libro para o cole e uns marcapáxinas para poder lelo en entrar nunha páxina web (www.ranopla.es) e contestar a unha serie de preguntas sobre o libro.
GRAZAS PEPA, ENCANTOUNOS A TÚA VISITA!!!


martes, 7 de mayo de 2013

QUE SUBA O PANO!

Hoxe o alumnado de 1º foi ver unha obra de monicreques chamada MENOS LOBOS e interpretada por tres alumnos de 6º, que baixo a dirección da profe Geli prepararon tanto os decorados como os textos. Desta maneira volvimos mergullarnos no proxecto "CANTOS CONTOS CONTAS". Noraboa a Paula, Dani e Héctor que foron uns actores estupendos. Grazas!






miércoles, 1 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013


Este ano o 17 de maio, día das LETRAS GALEGAS, o autor homenaxeado é o escritor e dramaturgo ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Para saber máis podemos premer na imaxe.

Caricatura de Roberto Vidal Bolaño



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...