BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 10 de mayo de 2013

IV CORRELINGUA DO MORRAZO

Hoxe celebramos o CORRELINGUA, unha marcha en favor da lingua galega, onde os dorsais das camisetas son as nosas palabras preferidas do galego. Este ano celebrouse en Bueu baixo o lema: O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO.
Xa levabamos uns días preparando as camisetas decorándoas cunha palabra relacionada coa natureza. Esta mañá puxémolas xunto cunhas pañoletas e saímos do colexio. Cando chegamos á praza do Concello xa nos estaban esperando os rapaces doutros coles do Morrazo e despois de agardar un anaquiño, comezou a marcha polas rúas de Bueu. Cando rematamos o percorrido tomamos a merenda e escoitamos o manifesto. A continuación comezou o concerto amenizado por LUIS PREGO quen nos animou a cantar e bailar danzas tradicionais galegas, entre elas as que tanto tiñamos practicado "Don Melitón" e "O señor da serra". Rematamos algo cansos pero aínda quedaron folgos para voltar ao cole.
Agradecemos moito o traballo das profes organizadoras (Geli, Goretti...) e das nais que nos acompañaron durante toda a mañá. Podedes ver a noticia na prensa premendo neste enlace: FARO DE VIGO  









Podedes ver máis fotos e vídeos sobre o CORRELINGUA nos seguintes enlaces:
TRASNOS A PEDRA

1 comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...