Todas as familias do centro participaron cunhas estupendas postais para conmemorar o Nadal no centro. Con todas elas fixemos unha exposición na entrada do colexio. As de 1º de primaria quedaron así. Grazas a todas as familias!!!
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
viernes, 21 de diciembre de 2012
jueves, 20 de diciembre de 2012
SORPRESAS DE NADAL
Esta semana os nenos de 1º recibimos unha gran sorpresa: unhas postais de Nadal das que foron as nosas profes en Infantil (Tania e Xisela). Fixéronnas xunto cos seus novos alumnos e enviáronas. Fíxonos moita ilusión saber que aínda se lembraban de nós.
Despois de lelas, pensamos que nós debiamos responder con outras postais. E como as profes nos contaron o conto do Apalpador na Biblioteca, fixemos uns debuxos e con eles preparamos unhas postais xigantes.
A última e mellor das sorpresas é que hoxe chegou Fina a recoller as tarxetas xigantes e veu visitarnos. Encantounos volver a vela, xa que sempre se portou xenial con nós. Ata sempre Fina... e FELIZ E APALPADOR BO NADAL!
jueves, 13 de diciembre de 2012
RECITANDOCELSOEMILIO
O 12 do 12 do 2012 ás 12h., participamos na actividade colectiva: RECITANDOCELSOEMILIO.
Premede no enlace para ver o que fixemos.
Tamén podedes ver este outro enlace:
Trasnos da Pedra.
Comprobade neste vídeo o recitado dos versos do poema DEITADO FRONTE AO MAR de Celso Emilio Ferreiro. Que ben nos saíu!!!
Premede no enlace para ver o que fixemos.
Tamén podedes ver este outro enlace:
Trasnos da Pedra.
Comprobade neste vídeo o recitado dos versos do poema DEITADO FRONTE AO MAR de Celso Emilio Ferreiro. Que ben nos saíu!!!
Etiquetas:
AUTORES GALEGOS,
POESÍA
sábado, 1 de diciembre de 2012
VISITA AO MUSEO MASSÓ
Esta semana fomos visitar o Museo Massó. O mércores foron os compañeiros de 2º e o xoves os de 1º. Ao chegar separámonos por clases e mentres uns facían un xogo de pistas chamado "Na busca do tesouro", os outros ían visitar as embarcacións tradicionais ao peirao e facían un breve percorrido pola planta baixa do museo. O obradoiro foi o que máis nos gustou e alí aprendemos quen foron os primeiros que deron a volta ao mundo, como se chamaban as súas embarcacións e ata cheiramos algunhas especias. Moitas grazas a Elena, Pirafeta, Magalhaes e Elcano!
Etiquetas:
BUEU,
OBRADOIROS,
SAÍDAS,
VISITAS
sábado, 24 de noviembre de 2012
25 de novembro: DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Non Violencia contra as mulleres e os nenos de 1º curso fomos invitados a ir ao Concello a ler un manifesto. Preparamos unhas pancartas moi coloridas e onte fomos de manifestación polas rúas de Bueu ata chegar ao Concello. Alí, 10 representantes leron o manifesto e outro entregouno ao Alcalde quen fíxonos un agasallo para cada aula por participar no acto. Como foi un acto moi importante, hoxe saímos na prensa: mirade este enlace.
Se queredes escoitar o manifesto, premede os vídeos. Podedes tamén ver as fotos deste día.
Etiquetas:
BUEU,
DÍA DA NON VIOLENCIA,
REPORTAXES,
SAÍDAS
sábado, 17 de noviembre de 2012
A NOSA PRIMEIRA SAÍDA
O martes tivemos a 1ª saída do curso. Para os peques de 1º era a súa 1ª saída na Primaria e estaban moi nerviosos...
Fomos a Pontevedra a ver un teatro de monicreques chamado TITIRICIRCUS, da compañía TANXARINA. Consistiu nun circo de títeres onde aparecían os pallasos, o home forzudo, o faquir, o que saltaba en monociclo, etc.
Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que chegue a seguinte saída.
Ata pronto!
miércoles, 7 de noviembre de 2012
MAGOSTO
Achégase o San Martiño, e con el o Magosto: a festa das castañas. Onte celebrámolo no cole con xogos populares: lanzamento de castañas, carretillas, a castaña agochada e o xogo dos ourizos. Pasámolo moi ben e para finalizar enchémonos de comer castañas asadas. Humm, que ricas estaban!
lunes, 5 de noviembre de 2012
CONCERTOS EN FAMILIA
Onte, domingo 4 de novembro, celebrouse en Pontevedra o Concerto en familia onde participaban os nenos de 1º curso ilustrando as esceas de PEDRO E O LOBO que interpretaba a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra xunto con Eva, a súa narradora. O concerto resultou un éxito, os membros da Orquestra alabaron os nosos debuxos e nós gozamos moito con esta colaboración, que esperamos, non sexa a última.
Premede neste enlace para ver o resultado:
http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2012/11/concertos-en-familia.html
Se queredes ver ou ler o conto, premede aquí:
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
MÚSICA
SAMAÍN TERRORÍFICO
O mércores 31 de outubro o noso colexio encheuse de bruxas, vampiros, momias... e moitos seres terroríficos!
Chegaba o SAMAÍN e, para celebralo, o alumnado trouxo cabazas incriblemente ben decoradas, moitas delas inspiradas nos personaxes dos contos clásicos. Houbo contacontos de medo, como o que quixo compartir Damián cos seus compañeiros de 1ºB "Corre, corre calabaza" ou como a historia medorenta que nos contou o pai de María Rosales aos nenos de 1º curso (Grazas Toño!!!). No Bibliocastelo puxeron unha CAIXA DOS MEDOS onde cada neno metía unha folliña onde escribía e debuxaba algo que lle dera medo. E por se isto fora pouco, na entrada do colexio medrou unha TEA DE ARAÑA xigante da que colgaban morcegos, bruxas, cabazas e pantasmas que tiñan escritas cousas que daban moito moito medo.
Ufff, que día tan terrible, menos mal que despois tivemos uns días para descansar...
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
BIBLIOCASTELO,
CONTACONTOS,
SAMAÍN,
VISITAS
jueves, 25 de octubre de 2012
CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL
Hai uns días tivemos a visita do grupo Retrouso, que nos ensinou os instrumentos tradicionais da música galega, cantáronnos melodías populares e bailamos danzas galegas. Ao final fixeron un concurso e regalaron camisetas aos que adiviñaron.
Grazas Retrouso, pasámolo moi ben!
ANIVERSARIO DE PAPIRUS
Onte 24 de outubro celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES", que coincide co ANIVERSARIO DE PAPIRUS: a mascota da nosa biblioteca.
Cando fomos ao Bibliocastelo a felicitalo levamos unha gran sorpresa: estaba Papirus e contounos un conto!!! Como este ano estamos traballando os contos populares contounos "Os tres porquiños". Algún de nós tiña un debuxo para agasallar a Papirus e el deunos tamén un agasallo: unha bolsiña de lambetadas. Cantámoslle o "Cumpleaños feliz" e despois fixémonos unha foto xuntos con el.
Despois, nas clases, fixemos debuxos sobre o conto que nos contou.
PARABENS PAPIRUS E ATA O PRÓXIMO ANIVERSARIO!
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
BIBLIOCASTELO,
CONTACONTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)