O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Non Violencia contra as mulleres e os nenos de 1º curso fomos invitados a ir ao Concello a ler un manifesto. Preparamos unhas pancartas moi coloridas e onte fomos de manifestación polas rúas de Bueu ata chegar ao Concello. Alí, 10 representantes leron o manifesto e outro entregouno ao Alcalde quen fíxonos un agasallo para cada aula por participar no acto. Como foi un acto moi importante, hoxe saímos na prensa: mirade este enlace.
Se queredes escoitar o manifesto, premede os vídeos. Podedes tamén ver as fotos deste día.
Pero que actividade tan chula, e que canto traballaron nos carteis. Noraboa nenos e nenas, e un bico moi forte. Profe Tania.
ResponderEliminar