BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 28 de noviembre de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dado que o mes de novembro é o mes da ciencia en galego, o alumnado de 1º quixemos facer un sinxelo experimento no que empregamos o traballo cooperativo chamado TINGUIR O LEITE.
Ademais de facer debuxos noutro soporte que non é o papel e xogar coas cores, comprobamos como a graxa do leite retén o colorante pero ao botarlle xabón quitagraxas actúa rompendo esa barreira.
Primeiro tivemos que atopar coa estrutura "lapis ao centro" os materiais que necesitabamos para o noso experimento. Despois, lemos con "lectura compartida" os pasos a seguir. A continuación, repartíronnos os materiais e fomos paso a paso realizando o noso experimento. Finalmente cubrimos a nosa ficha e debuxamos o resultado.
Foi moi sorprendente, e encantounos a mestura de cores que conseguimos!

viernes, 16 de noviembre de 2018

OBRADOIROS ECOLÓXICOS

Co gallo da feira ecoartesá que se celebra en Bueu nesta fin de semana, viñeron dúas monitora a impartir uns obradoiros ecolóxicos. Fixemos grupos e probamos a xogar un ratiño en cada un. Foi moi divertido!

martes, 6 de noviembre de 2018

MAGOSTO

Hoxe celebramos o Magosto no colexio pero como foi un día moi chuvioso non puidemos xogar aos xogos tradicionais que estaban previstos.
Nas aulas aprendemos poemas, cantigas e refráns propios destas datas e tamén degustamos as castañas que cociñaron Martín e Ramón para nós. 
Estaban boísimas!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...