BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 29 de junio de 2012

VISITA DOS NENOS DE 5 ANOS AO SEU FUTURO COLEXIO

Na última semana de cole recibimos unha visita moi especial: os nenos de 5 anos viñeron visitar o que vai ser o seu colexio durante os próximos anos e as súas futuras profes: Rosa e Marta. Durante a visita estiveron vendo as aulas, o patio do 1º ciclo e o Bibliocastelo con Papirus. Para que lles quedara un bo recordo do colexio de Primaria, o alumnado de 2º curso cantoulles o conto: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e agasallaron ós pequenos cunhas piruletas feitas por eles con plastilina e outras de verdade.

Benvidos rapaces, vémonos despois do verán!

jueves, 28 de junio de 2012

ÚLTIMO DÍA

O 22 de xuño foi o último día de cole. Foi un día tranquilo xa que estivemos xogando nas aulas e no patio, despois foi a entrega de premios do concurso "Que sabes de Valentín Paz Andrade?" e finalmente celebramos unha merenda nas aulas.
Noraboa aos gañadores do concurso:
María Vilas Otero, David Fernández Entenza, Paula Escribano Cabaleiro, Javier Santos Rodal e Miguel Calviño de 1º curso.
Lucía Portela Fernández, Julio Pastoriza Gallego, Sergio Macías Pazos e Martín Barcia de 2º curso.











TEATRO FIN DE CURSO

O xoves 21 fomos todo o alumnado do colexio ao Centro Social do Mar a ver unha obra de teatro chamada "Un avó especial" do grupo MIGALLAS. Foi unha obra emocionante á vez que divertida onde se trataba con moito agarimo a enfermidade do Alzheimer a través dos personaxes de Rosiña e o seu avó, Manuel.


Se queredes ver algún fragmento da obra, botade unha ollada ao blog do BIBLIOCASTELO.

domingo, 24 de junio de 2012

TRABALINGUAS

Durante o terceiro trimestre, o alumnado de 2º curso traballou os xogos de palabras ou trabalinguas. Fixeron un traballo de investigación e co resultado crearon un libro para o Bibliocastelo. Mirade que bonito quedou!

lunes, 18 de junio de 2012

OS NENOS E NENAS DE 5º APADRIÑAN NA LECTURA AOS NENOS E NENAS DE 2º

Hoxe, no patio do colexio, os nenos e nenas de 5º curso apadriñaron  na lectura aos nenos e nenas de 2º. Os de 5º A elexiron cadanseu conto e colocándose por parellas cos nenos e nenas de 2ºA  narráronlle baixiño e de forma agarimosa as pequenas historias que escondían os libros elexidos. Mentras os nenos e nenas de 2º B gazaron dunha sesión de contacontos da man dos rapaces e rapazas de 5º B que lle contaron de xeito ilustrativo dúas historias: PIRATAS CALAVERA E A LAGOA DAS NENAS MUDAS.  
GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES.
A continuación os nenos e nenas de 2º na sala usos múltiples sorprenderon aos seus padriños  lectores de 5º cun conto narrado e cantado"A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA". Os rapaces e rapazas de 5º estiveron moi atentos. Mirade as fotos

sábado, 16 de junio de 2012

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º

E despois de dous cursos nos que gozamos, xogamos, cantamos, aprendemos, maduramos, compartimos, rimos... en resumo, fomos nenos e nenas de 6 e 7 anos; chegou o momento de despedirse. Sí, non hai tanto tempo que chegamos ao 1º ciclo case sen saber ler nin escribir e xa nos vamos cara ao 2º ciclo sendo unhas grandes persoas que son capaces de escribir e ler historias e contos marabillosos. Xa nos caeron os dentes de leite, algúns levamos gafas, medramos e medramos pero... seguimos sendo os mesmos rapaces e rapazas ilusionados por aprender cada día máis.
E para que non vos esquezades de nós e como sabedes gústanos moito a lectura, deixámosvos unha imaxe nosa para que atopedes un mundo máxico cheo de fantasía.se premedes no nome do curso.


2º A
 



2º B
  

APADRIÑAMENTOS LECTORES DE 2º

O venres 15, despois do recreo todos os nenos e nenas de 2º foron ao cole de Infantil a contarlle un conto aos Pelouros de 4 anos. Pero non era un conto calquera. Era un conto que cada neno e nena de 2º buscou no Bibliocastelo con moito agarimo para poderllo ler a un neno ou nena de 4 anos. Despois ensaiaron na casa con mami, con papi, coa avoa, co gato... Todo o mundo escoitou o conto! Por fin chegou o momento de baixar a Infantil e atopar a parella do ano pasado (algúns xa non se lembraban) e leron, escoitaron, miraron os debuxos... en fin, pasárono xenial!
Mirade este enlace para ver máis imaxes: PELOUROS.
Despois, os Pelouros invitáronnos a ver a súa exposición UN ABECEDARIO DE ARTE, que é magnífica. Explicáronnos cada unha das letras do alfabeto, os artistas, ensináronnos os cadros que fixeran... e finalmente invitáronnos a merendar. Non nos marchamos sen escribir unha felicitación no seu libro de visitas. Noraboa por este traballo tan interesante. Sodes uns pequenos artistas!

APADRIÑAMENTOS LECTORES DE 1ºB

Pois sí, os nenos e nenas de 1ºB non querían ser menos e foron visitar o seu antigo cole para contarlle un conto aos peques de 3 anos B. Mirade que imaxes tan tenras protagonizaron.

OBRADOIROS NO MUSEO MASSÓ

O mércores 13 e o xoves 14 de xuño, os nenos e nenas de 1º e 2º foron ao Museo Massó a participar nuns obradoiros sobre O SISTEMA SOLAR e OS PLANETAS. Alí, Carmen explicounos como o Sol alumea a Terra e a Lúa, os movementos de rotación e traslación, aprendemos o nome dos planetas e moitas cousas máis relacionadas co espazo. Algún de nós xa saía con ganas de ser astrónomo!
Como algúns cursos portáronse moi ben tiveron como premio unha visita ao parque. Outros, atoparon polo camiño a Carmen coa súa NYCKELHARPA, e aproveitaron para facerlle preguntas sobre ese instrumento tan descoñecido (é tradicional sueco) e escoitaron belas melodías. Foi unha verdadeira sorte!
Mirade as fotos que nos fixeron as profes.

viernes, 8 de junio de 2012

A QUE CHEIRAN OS CONTOS?

Onte fomos ao Centro Social do Mar xunto cos nenos de Infantil a ver á compañía TARABELOS. Esteban, o actor, contounos dous contos: POLGARIÑA e O GATO CON BOTAS. Gustounos moitísimo a posta en escea, os materiais que empregaba como a bolboreta xigante, as maletas máxicas, a pantalla de sombras... Pasámolo moi ben e xa estamos agardando volver a ver outra actuación súa.
 

 

jueves, 7 de junio de 2012

APADRIÑAMENTOS LECTORES DE 1ºA

O mércores, os nenos e nenas de 1ºA foron ao cole de infantil a contarlle un conto aos máis pequenos, os rapaces e rapazas de 3 anos A. Os apadriñamentos resultaron un éxito, xa que os de infantil tiñan moitas sorpresas e agasallos para os de primaria (que non hai tanto tamén eran pequenos...) Mirade que vídeo tan emocionante prepararon as profes de infantil.

miércoles, 6 de junio de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E por fin chegou...
Que ganas tiñamos de ir ao CAMPING O FIEITÁS no GROVE! E ir fomos pero... tamén foi unha convidada de última hora: A CHUVIA!!! Menos mal que no camping xa estaban preparados e puidemos facer actividades de interior no comedor, no porche e tamén no Centro Social de Reboredo. Convertémonos en indios das tribos: todomojado e yocojoagua. Malia a chuvia, ao final o día resultou un éxito.

 

 


Así conta LUCÍA de 2ºA a xornada:
"O martes fomos de excursión a O Grove. O camiño foi longo. Cando chegamos presentámonos e, antes de comer, xogamos a moitos xogos. Cando chegou a hora de comer todos puxémonos na fila. A comida estaba rica. Despois de comer fomos a un taller, fixemos unhas cometas e despois déronnos uns bocadillos. Por último chegaron os autobuses e fómonos."

 

 


ÁNGELA de 2ºA tamén contou a súa maneira o día da excursión:
"Onte fomos a excursión de fin de curso ao campo Fieitás do Grove.
Ao chegar o primeiro que fixemos foi presentarnos cos nosos nomes e outros inventados, despois xogamos a indios con plumas. Á hora de comer puxémonos en fila e entramos no comedor, comemos pasta e polo con patacas. Despois iamos ir ao monte, pero empezou a chover moito e fomos a unha caseta, alí fixemos unha cometa con lá. Ao terminar merendamos un bocadillo de chourizo e montamos no autobús, para entreternos cantamos, xogamos e vimos unha peli. Ao chegar ao cole recolléronnos os nosos pais."

 

 


E LÍA de 2ºB tamén quixo contar a saída:
"Onte pola mañá collemos un autobús para ir a O Grove. Alí fixemos todos de indio, tamén xogamos moito e despois comemos. Pola tarde fomos a unha sala onde merendamos e fixemos unhas cometas. Finalmente fomos ao autobús para ir a casa."
 

 

 

Antía de 2ºB contounos: "Onte ao chegar ao colexio montamos nun autobús para ir ó Grove. Cando chegamos fomos a un camping, os monitores dixéronnos que nos puxeramos motes de indios e xogamos a xogos de indios pero primeiro fixemos unha pluma e rituais. Cando saiu o Sol, que antes chovera, saímos xogar a un xogo chamado "Cata pun chis pun". Despois comemos ensalada de pasta e polo con patacas fritas. Logo xogamos a "beso o porquiño na...", a "Simón dice..." e logos fomos a unha caseta onde xogamos e fixemos unha cometa con la. Finalmente merendamos, collemos as mochilas e fomos ó autobús mirando unha peli cara casa".

 

 

 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...