O mércores 13 e o xoves 14 de xuño, os nenos e nenas de 1º e 2º foron ao Museo Massó a participar nuns obradoiros sobre O SISTEMA SOLAR e OS PLANETAS. Alí, Carmen explicounos como o Sol alumea a Terra e a Lúa, os movementos de rotación e traslación, aprendemos o nome dos planetas e moitas cousas máis relacionadas co espazo. Algún de nós xa saía con ganas de ser astrónomo!
Como algúns cursos portáronse moi ben tiveron como premio unha visita ao parque. Outros, atoparon polo camiño a Carmen coa súa NYCKELHARPA, e aproveitaron para facerlle preguntas sobre ese instrumento tan descoñecido (é tradicional sueco) e escoitaron belas melodías. Foi unha verdadeira sorte!
Mirade as fotos que nos fixeron as profes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario