E despois de dous cursos nos que gozamos, xogamos, cantamos, aprendemos, maduramos, compartimos, rimos... en resumo, fomos nenos e nenas de 6 e 7 anos; chegou o momento de despedirse. Sí, non hai tanto tempo que chegamos ao 1º ciclo case sen saber ler nin escribir e xa nos vamos cara ao 2º ciclo sendo unhas grandes persoas que son capaces de escribir e ler historias e contos marabillosos. Xa nos caeron os dentes de leite, algúns levamos gafas, medramos e medramos pero... seguimos sendo os mesmos rapaces e rapazas ilusionados por aprender cada día máis.
E para que non vos esquezades de nós e como sabedes gústanos moito a lectura, deixámosvos unha imaxe nosa para que atopedes un mundo máxico cheo de fantasía.se premedes no nome do curso.
2º A |
2º B |
Adeus 1º ciclo! Foi un ciclo marabilloso e divertido. Pasámolo pipa! Botaremos estes anos moito de menos.
ResponderEliminarNenos e nenas de 2ºB
Ola 1º ciclo veño a darche a despedida. Nos dous
ResponderEliminarprimeiros cursos pasámolo moi ben. E o mellor de
todo ¡pasaremos o 2º ciclo!
GRAZAS PROFES POR APRENDERNOS TANTAS COUSAS
ResponderEliminar