O venres 15, despois do recreo todos os nenos e nenas de 2º foron ao cole de Infantil a contarlle un conto aos Pelouros de 4 anos. Pero non era un conto calquera. Era un conto que cada neno e nena de 2º buscou no Bibliocastelo con moito agarimo para poderllo ler a un neno ou nena de 4 anos. Despois ensaiaron na casa con mami, con papi, coa avoa, co gato... Todo o mundo escoitou o conto! Por fin chegou o momento de baixar a Infantil e atopar a parella do ano pasado (algúns xa non se lembraban) e leron, escoitaron, miraron os debuxos... en fin, pasárono xenial!
Mirade este enlace para ver máis imaxes: PELOUROS.
Mirade este enlace para ver máis imaxes: PELOUROS.
Despois, os Pelouros invitáronnos a ver a súa exposición UN ABECEDARIO DE ARTE, que é magnífica. Explicáronnos cada unha das letras do alfabeto, os artistas, ensináronnos os cadros que fixeran... e finalmente invitáronnos a merendar. Non nos marchamos sen escribir unha felicitación no seu libro de visitas. Noraboa por este traballo tan interesante. Sodes uns pequenos artistas!
¡¡MOITAS GRAZAS POR AGASALLARNOS CON ESTAS FERMOSAS HISTORIAS!!
ResponderEliminarGUSTÓUNOS MOITO VOLVER A ESTAR CON VÓS E COMPARTIR ESTE MARABILLOSO MOMENTO¡XUNTOS!
¡¡¡UNHA APERTA MOI GRANDE DOS PELOURIÑOS!!!