BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 28 de febrero de 2014

VÍSTETE DE CÓMIC

E non podía ser doutro xeito polo que despois de moito traballo puidemos saír de pasarrúas a lucir os nosos disfraces de cómic. Os de primeiro ían de POPEYE E OLIVIA e os de segundo de ZIPI E ZAPE. Os traxes quedaron moi lucidos e coloridos. Ao chegar á praza do Concello cantamos e tocamos coas maracas a nosa cantiga e finalmente volvemos para as clases a facer unha merenda de doces típicos de Entroido. Mmmmm... que ricos estaban! Despois xogamos e vimos a película de "Zipi e Zape e o clube da canica" ata que chegou a hora de marchar para casa. 
Feliz Entroido a todos!

domingo, 23 de febrero de 2014

SEMANA DE ENTROIDO

Arranca con forza a semana de Entroido e para empezar:
O LUNS PISPIRETO
PÍNTOME O CARETO.
O MARTES ATREVIDO
LEVA UN GORRO DIVERTIDO.
O MÉRCORES SABOROSO
TRAE ALGO NO PESCOZO.
Así que xa sabedes, ide lendo no corredor o que nos toca traer cada día...

Os rapaces do ciclo xa estamos preparando os nosos disfraces, e para coñecer mellor aos nosos personaxes Zipi e Zape estamos facendo moitas actividades:
Lemos historietas, debuxamos aos personaxes, describímolos, inventamos historias novas, decoramos as aulas...
Podedes ver algunha destas actividades neste enlace: ZIPI E ZAPE









viernes, 21 de febrero de 2014

O PEQUENO MAGO

Hoxe veu visitarnos ROQUE CAMESELLE, o autor dun libro chamado O PEQUENO MAGO. Explicounos como convertiu un libro para adultos chamado BIEITO DUBIDOSO nunha película e conto infantil.
Primeiro explicounos como crearon e elixiron os personaxes, como debuxaron os fondos das diferentes esceas, como facían a animación pasando os debuxos moi rápido, en que consistía o "story board" e, finalmente, como grazas ao ordenador convertían un debuxo plano nun debuxo 3D. Aprendemos cousas tan interesantes como que participaron 200 debuxantes para facer a peli!!! Ao final puxeron o tráiler da película e... quedamos con ganas de vela enteira!
Grazas por explicarnos a maxia do cine, Roque!


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...