Hoxe, no patio do colexio, os nenos e nenas de 5º curso apadriñaron na lectura aos nenos e nenas de 2º. Os de 5º A elexiron cadanseu conto e colocándose por parellas cos nenos e nenas de 2ºA narráronlle baixiño e de forma agarimosa as pequenas historias que escondían os libros elexidos. Mentras os nenos e nenas de 2º B gazaron dunha sesión de contacontos da man dos rapaces e rapazas de 5º B que lle contaron de xeito ilustrativo dúas historias: PIRATAS CALAVERA E A LAGOA DAS NENAS MUDAS.
GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES.
A continuación os nenos e nenas de 2º na sala usos múltiples sorprenderon aos seus padriños lectores de 5º cun conto narrado e cantado"A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA". Os rapaces e rapazas de 5º estiveron moi atentos. Mirade as fotos
Grazas nenos de 5ª
ResponderEliminarJulio 2ªB