Esta semana a profe Geli visitounos de novo para propoñernos outra actividades. Que emoción! Os rapaces de 2ºA estaban desexando comezar coa técnica "LAPIS AO MEDIO".
Que é iso? preguntaron todos. Sentados en grupos de 4/5, os rapaces tiñan que resolver unha ficha de matemáticas pero con certas condicións:
1. Cada compañeiro faise cargo dunha pregunta e explica aos demais como se resolve.
2. Se todos están de acordo, collen os lapis depositados no medio das mesas e escriben a resposta.
3. Se alguén non está de acordo, ten que explicar o motivo e elexir entre todos a solución máis coherente. Ata que non estean convencidos, non poden coller os seus lapis.
4. Ao rematar, cada alumno ten que ler o exercizo que lle tocou e explicar a solución.
A pesar de non rematar a ficha, entenderon as vantaxes de cooperar e de axudarse uns aos outros.
Ben feito rapaces e rapazas de 2ºA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario