BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 8 de abril de 2012

CONTACONTOS CON ANTÓN LAMAPEREIRA

CONTACONTOS CON ANTÓN LAMAPEREIRA
Na derradeira xornada antes das vacacións de Semana Santa os nenos do 1º ciclo tiveron a ocasión de gozar dun contacontos moi especial que nos deixou un bo sabor de boca para comezar as vacacións. Trátase do director da Revista Galega de Teatro, Antón Lamapereira. Aproveitando que o pasado martes foi o Día Internacional do teatro quixo achegarse aos máis cativos para facelos partícipes da súa expresividade e bo facer á hora de contar historias. Nesta ocasión agasallounos cos títulos: NADARÍN, ELMER E A QUE SABE A LÚA.
El é unha persoa entregada que vive intensamente este tipo de experiencias e está claro que os nenos tamén. Nós esperamos volver a contar con el pronto para seguir abrindo portas que nos acheguen ao mundo do teatro e a interpretación.
Un bico moi grande e grazas Antón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...